Román Oyarzun, novo embaixador en Arxentina e Roberto Varela, no Uruguai

Varela releva no posto unha madrileña, Aurora Díaz-Rato Revuelta, que leva dende xuño do 2008 dirixindo a diplomacia do país en Montevideo.

Listen to this page using ReadSpeaker
6 de marzo de 2012.

O novo embaixador en Montevideo, nunha imaxe durante a súa etapa como Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Conselleiro de Cultura e Turismo de abril do 2009 a xaneiro do 2012, Roberto Varela Fariña (Meaño, 1959) tomará posesión como embaixador de España en Uruguai dentro de entre un mes e 50 días, despois de que o Consello de Ministros ratificase a súa designación para o cargo. Substituirá no posto a unha madrileña, Aurora Díaz-Rato Revuelta, que leva dende xuño do 2008 dirixindo a diplomacia española en Montevideo.

Nada máis transcender a noticia, o pontevedrés valorou: «É un pouco o culmen da miña carreira, un motivo de orgullo,». «Sendo diplomático de profesión -apostilou- chegar a isto é o máis relevante que che pode pasar, sobre todo tratándose dun país con lazos tan importantes con España e con Galicia».

Dentro da república á que Varela se mudará en breve residen, segundo datos oficiais, 38.152 galegos e galegas, o que a converte no terceiro país do estranxeiro con maior poboación recoñecida da comunidade autónoma. Anteriormente, traballara nas embaixadas de Bonn e Kuwayt, así como no consulado de Nova York.

1126 lecturas