Feijóo afirma que as 200 obras concursantes e os 16 países presentes nos premios Atlante proban a afirmación de Vicente Risco de que ‘Galicia é un mundo’

Destaca que coa arte, Galicia rebélase tamén contra un destino que parecía condenala a ser un país pequeno e periférico: “Da man da cultura –di-, Galicia faise grande e ofrécese como encrucillada fundamental das correntes de creación”.

Felicita e recoñece o traballo dos premiados e premiadas e finalistas, e asegura ver “en cada un deles a un Atlante”.

Di que “Galicia, Ribeira, Artes, transfórmanse en lugares de encontro para a arte de todos os tempos. Algo semellante –asevera- ás Nacións Unidas da creación”.

  • O presidente galego no acto de entrega dos premios Atlante do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes
    O presidente galego no acto de entrega dos premios Atlante do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes
  • O presidente galego no acto de entrega dos premios Atlante do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes
    O presidente galego no acto de entrega dos premios Atlante do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes
  • O presidente galego no acto de entrega dos premios Atlante do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes
    O presidente galego no acto de entrega dos premios Atlante do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes
Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente da Xunta afirmou durante a tarde de onte, no acto de entrega dos premios Atlante do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes, que as 200 obras concursantes e os 16 países presentes proban a afirmación de Vicente Risco de que ‘Galicia é un mundo’. “Risco –dixo- ensinounos a apreciar a grandeza da nosa terra e a afirmación do intelectual ourensán faise de novo realidade en Ribeira, en San Xián de Artes”.

Feijóo destacou que coa arte, Galicia rebélase tamén contra un destino que parecía condenala a ser un país pequeno e periférico. “Da man da cultura, Galicia faise grande e ofrécese como encrucillada fundamental das correntes de creación” afirmou ao que engadiu que Ribeira e Artes son unha desas encrucilladas.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno autonómico felicitou a Manuel Moreno Morales, Yuko Yamada, Ramiro de Undabeytia e Justo Antonio Heras Fernández, premiados na categoría de "Gravado". Expresou os seus parabéns a Sandra González Caamaño, gañadora do premio destinado a "Gravado do Barbanza". E aplaudiu tamén aos e ás finalistas Hugo Besard, Micaela Trocello, Rutmi Sassaki, Ana Cambeiro, Encarna Méndez e Manuel Castro. “Vexo en cada un deles –aseverou- a un Atlante”.

Así mesmo, subliñou que Ribeira resume no seu Museo boa parte da historia mundial do gravado. “E faino –dixo- cun estilo que tamén nos fai lembrar a concepción cosmopolita que Vicente Risco tiña da nosa cultura. No fogar artístico de Artes, Laxeiro dialoga con Van Dick, Rembrandt faino con Sucasas, e Lamazares intercambia cores e figuras con Chagall. Nese recinto máxico, o noso chorado Leopoldo Novoa é recibido no ceo dos artistas por Durero, Goya e Picasso”.

Feijóo concluíu lembrando que Artes é, con eses fondos que acadan os 26.000 gravados e abranguen un extenso ámbito xeográfico e un longo período histórico, un dos grandes centros internacionais da actividade artística. “Galicia, Ribeira, Artes, transfórmanse en lugares de encontro para a arte de todos os tempos. Algo semellante –aseverou- ás Nacións Unidas da creación”.

728 lecturas