Novas
Buscador
- A Xunta pon en marcha o primeiro decálogo de dereitos das persoas maiores de Galicia 11.02.2012 audio A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, presidiu onte unha xuntanza na que presentou o texto definitivo ás entidades e asociacións que tomaron parte na súa elaboración. Este documento está enmarcado no Plan galego de persoas maiores 2010-2013, que inclúe como o seu primeiro núcleo de acción a “promoción de valores e protección de... Máis información
- A galega que aplacou a "morriña" da emigración 10.02.2012 audio Carolina Casal, de Caldas, fundou xunto ao seu marido Goya Foods, hoxe a maior empresa de alimentos españois para EUA. Con só 17 anos, Carolina Casal e a súa irmá Anita embarcáronse rumbo a Puerto Rico en busca dun futuro mellor. A galega namorouse dun mozo burgalés, Prudencio Unanue. Casáronse e montaron unha pequena tenda de alimentación. Pronto... Máis información
- Feijóo refírese a Isaac Díaz Pardo como o exemplo dunha vida dedicada a “un compromiso chamado Galicia” e afirma que será sempre “un referente para a construción do porvir” 09.02.2012 audio O titular da Xunta presidiu na tarde de onte o acto de homenaxe a Díaz Pardo que tivo lugar na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. “Entregounos un inmenso legado artístico. Puxo o seu xenio a traballar en sociedade. Adiantouse durante décadas á concepción máis actual da cultura como capital social e económico de Galicia”, salienta. Afirma... Máis información
- Camba viaxa a Venezuela, onde se interesará polas xestións para liberar o empresario galego secuestrado 08.02.2012 audio Visitará asemade os centros galegos de Caracas, Valencia e Maracay. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, comeza unha nova viaxe a Venezuela, un dos países latinoamericanos nos que se centra o labor do seu departamento. Os galegos e as galegas que residen alí son en moitos casos emprendedores e emprendedoras que están a sortear de... Máis información
- Amigos de Galicia envía un furgón a un asilo da Habana 07.02.2012 audio Na Quinta Santovenia residen un total de 360 persoas, das que case medio cento son de orixe galega. Situado en El Cerro (La Habana-Cuba) encóntrase o Asilo Santovenia, unha institución que conta na actualidade con cincocentas persoas residentes, 360 internas, das cales 48 son galegas. Da súa atención ocúpanse as Hermanitas de los Ancianos... Máis información
- A Xunta destaca a acción exterior como unha oportunidade para favorecer a recuperación económica e os sectores produtivos galegos 06.02.2012 audio Alfonso Rueda presidiu o pasado venres o Consello de Acción Exterior de Galicia (CAEX), que ten como prioridades o novo marco financeiro europeo, a cooperación con Portugal, a internacionalización da empresa galega e o fomento das exportacións. O conselleiro recoñeceu o avance galego na consecución dunha axuda transitoria a partir de 2013 pero... Máis información
- Feijóo: “non imos esquecer nunca que hai tres heroes que están na memoria colectiva do pobo de Galicia” 05.02.2012 audio Agradece todos os medios que o Goberno de España, a Xunta e o Concello da Coruña puxeron a disposición para recuperar os corpos dos tres funcionarios públicos do Corpo Nacional de Policía. Destaca as mostras de solidariedade recibidas desde toda España durante todo este proceso. “Non imos esquecer nunca que hai tres heroes que están na memoria... Máis información
- Anunciada a contratación do servizo de desprazamento dos campos e campamentos de traballo da Secretaría de Emigración 03.02.2012 audio O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición deste venres a resolución asinada polo secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, para a licitación do servizo de desprazamento dos e das participantes nos programas e actividades dos campos de traballo da Secretaría Xeral da Emigración, cuxas bases poden consultarse na web www.... Máis información
- Igualdade destina 289.000 € ao programa de colaboración coas entidades especializadas na atención a mulleres prostituídas 03.02.2012 audio A presidenta da Asociación Faraxa para a abolición da prostitución foi recibida onte pola secretaria xeral da Igualdade. Segundo anunciou Susana López Abella, o convenio deste ano asinarase en breve con todas as entidades e ONGs que traballan neste ámbito, Cruz Vermella, Cáritas Diocesana de Santiago e de Ourense, Relixiosas Oblatas de Ferrol,... Máis información
- A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que Guillermo Bekes mostra na Casa de Galicia en Madrid 02.02.2012 audio A exposición "Paisaxes de mar e terra" poderá verse durante todo este mes. A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que o artista arxentino Guillermo Bekes exhibe durante este mes na Casa de Galicia en Madrid, na exposición Paisaxes de mar e terra. "A través da paisaxe compartida e a intervención humana nel evidénciase a... Máis información
Páxinas |









