Recuperada a estatua de Lombera que homenaxea ás mulleres dos emigrantes

A obra foi restaurada e ocupa de novo un lugar preferente en Cavadelo en Vilagarcía de Arousa.

Listen to this page using ReadSpeaker

César Lombera mostrouse ledo pola recuperación da obra. M. Miser.A estatua de César Lombera que homenaxea ás mulleres dos emigrantes xa está de novo sobre o seu pedestal no porto de Cavadelo, en Vilagarcía de Arousa. A obra do escultor de Catoira fora retirada hai catro anos debido ao seu mal estado. A peza, fundida en bronce, foi finalmente restaurada e xa loce sobre a placa que reza: «Adeus dás viúdas dos vivos. No vello muelle de ferro». Trátase dunha homenaxe ás mulleres dos emigrantes. Unha muller cun neno nos brazos despídese cun pano na man do seu marido que se ía a América.

Lombera agradeceu á corporación municipal o esforzo de recuperar esta escultura, que é un dos símbolos do porto de Vilagarcía. O escultor recordou que a obra era unha homenaxe á emigración e, ademais, ao vello peirao de Vilagarcía, a Rosalía de Castro e á súa obra.

1154 lecturas