O Día de Galicia en Londres celebrarase o 24 de xuño

Unha misa, unha multidinaria comida ou a actuación dunha charanga chegada de Verín, entre os actos convocados para ese día.

Listen to this page using ReadSpeaker
23 de maio de 2012.

O evento está organizado polo Centro Galego da capital británica.Se o ano pasado a colectividade galega tivo que mobilizarse para que a dirección de Instituto Vicente Cañada Blanch (dependente da rede de centros que o Ministerio de Educación posúe no exterior), lles deixase celebrar nas súas instalacións o tradicional Día de Galicia en Londres (ao final celebrouse o 3 de xullo, unha semana máis tarde do que querían), nesta ocasión as e os emigrantes galegos non necesitaron ningunha protesta.

O Centro Galego da capital británica anunciou que esta festividade, moi enraizada na cultura e tradición das e os residentes galegos na capital británica, terá lugar o domingo 24 de xuño nos espazos externos deste área escolar de Portobello Road, onde se celebra dende hai máis dunha década.

A xornada festiva comezará ás 12,30 horas cunha misa oficiada polo bispo Luis Quinteiro Fiuza. Deseguido, comezarán os actos máis lúdicos, como a actuación da charanga Támega, chegada dende Verín, e a propia comida, que reúne arredor da mesa a decenas de familias galegas.

O Día de Galicia en Londres colleita 25 anos de historia e, na actualidade, reúne ás e aos emigrantes chegados a Londres hai décadas e ás mozas e aos mozos que escapan da crise e buscan traballo na cidade do Támese.

883 lecturas