Novas
Buscador
- Comezou a primeira quenda de campamentos de verán de Xuventude na que participan máis de 1.300 mozos e mozas 02.07.2012 audio Traballo e Benestar investirá máis de 2,3 millóns de euros en toda a campaña de verán na que tomarán parte máis de 8.000 mozos e mozas e se prolongará ata setembro. Este programa conlevará a contratación de preto de 900 monitores, monitoras e directores e directoras de tempo libre. Os campamentos de verán inclúen intercambio con outras comunidades... Máis información
- Escollidos os e as membros da nova Comisión Delegada, órgano permanente de representación da diáspora 29.06.2012 audio Das e dos doce membros electos deste órgano, sete son novos no cargo. Na clausura do X Consello de Comunidades Galegas, o secretario xeral da Emigración fixo un recoñecemento do papel da muller neste fenómeno, e apelou á suma de esforzos entre as entidades do Exterior. No acto de peche estivo tamén presente o director xeral de Migracións do... Máis información
- Os galegos e as galegas da diáspora escollen aos seus e ás súas representantes para os vindeiros tres anos 29.06.2012 audio Remata o X Consello de Comunidades Galegas cunha ofrenda ao Apóstolo e unha recepción oficial no Concello de Santiago. A nova Lei de Galeguidade, a internacionalización como estratexia para a empresa galega, e as perspectivas de futuro no ámbito socio asistencial foron os asuntos fundamentais da cita. A Comisión Delegada electa manterá o seu... Máis información
- Feijóo salienta que o anteproxecto de Lei da galeguidade reforza a orientación económica das entidades galegas, conscientes do seu papel na internacionalización da economía galega e fomenta a unión para facelas máis útiles 28.06.2012 audio Asegura que nela terán cabida as inquedanzas, desexos e aspiracións da Galicia universal “á que queremos darlle pulo”. Incide en que esa Galicia universal non será forte con asociacións que meramente sobreviven, senón con comunidades asentadas en institucións que dean respostas aos problemas e retos de hoxe. Destaca que a galeguidade que... Máis información
- A actual comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas celebra a súa derradeira xuntanza no Pazo de Mariñán 27.06.2012 audio Analiza os tres anos de mandado deste órgano de representación da diáspora. A gran xuntanza das asociacións e casas de Galicia de todo o mundo terá lugar mañá e pasado en Compostela, inaugurada polo presidente da Xunta. Imaxe da xuntanza da Comisión Delegada saínte, celebrada esta mañá no Pazo de Mariñán (Bergondo - A Coruña). O Pazo de... Máis información
- As entidades da diáspora debaten esta semana o futuro da galeguidade no X Pleno do Consello das Comunidades Galegas 26.06.2012 audio O presidente da Xunta inaugurará este xoves en Santiago a xuntanza máis representativa da Emigración galega, de carácter trienal. Mañá mércores terá lugar no Pazo de Mariñán unha xornada de traballo previa da Comisión Delegada. O Pazo de Mariñán acolle mañá mércores a xornada de traballo da Comisión Delegada –máximo órgano de representación entre... Máis información
- A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse en Xenebra por iniciativa do Consello da Cultura Galega e a Sociedade "A Nosa Galiza". 26.06.2012 audio A exposición Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración, realizada polo Consello da Cultura Galega a través do seu Arquivo da Emigración Galega, pode verse desde o 22 de xuño ata o vindeiro 22 de xullo en Xenebra (Suíza), por iniciativa da Sociedade Cultural e Deportiva “A Nosa Galiza”. A mostra, que xa percorreu diferentes países de Europa... Máis información
- Emigración organiza dúas xornadas sobre integración de persoas inmigrantes 25.06.2012 audio A primeira delas enfócase a entidades sociais e público en xeral, e a segunda ten como destinatario o persoal de concellos. A iniciativa terá lugar os días 25 e 26 na sede da EGAP. A Secretaría Xeral da Emigración vén de organizar, para os hoxe luns e mañá martes, dúas xornadas informativas baixo o epígrafe “Programa de integración para persoas... Máis información
- Camba celebra cos galegos e as galegas de Londres o ‘Día da Galicia exterior’ na capital británica 24.06.2012 audio O acto ten lugar cada ano no Instituto Cañada Blanch, un referente de recoñecida excelencia no ámbito educativo. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, vén de participar no ‘Día da Galicia Exterior’ de Londres, organizado cada ano polo Centro Galego da capital británica, fundado no ano 1968 e que na actualidade preside Nicolás Miño.... Máis información
- Feijóo: “Manuel Murguía deixa o legado dun sentimento de comunidade, atemporal e integrador, un tesouro que non todos os pobos teñen” 22.06.2012 audio O titular da Xunta participou onte no acto de presentación da biografía Murguía, de Xosé Ramón Barreiro Fernández, na sede da Real Academia Galega. “No seu maxín, na súa obra teórica, nas súas iniciativas, desenvólvese un galeguismo que non se identifica polas súas oposicións, senón pola capacidade aglutinadora”, destaca. Subliña que a propia Real... Máis información
Páxinas |









