A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse en Xenebra por iniciativa do Consello da Cultura Galega e a Sociedade "A Nosa Galiza".

Listen to this page using ReadSpeaker
26 de xuño de 2012.

Exposición "Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración".A exposición Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración, realizada polo Consello da Cultura Galega a través do seu Arquivo da Emigración Galega, pode verse desde o 22 de xuño ata o vindeiro 22 de xullo en Xenebra (Suíza), por iniciativa da Sociedade Cultural e Deportiva “A Nosa Galiza”.

A mostra, que xa percorreu diferentes países de Europa e América, foi inaugurada o pasado venres ás 20,00 h. polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, xunto co presidente da Sociedade “A Nosa Galiza”, Manuel Vilariño.

A exposición Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración consta de sete bloques temáticos, desenvolvidos en 55 paneis, e permite seguir a evolución das sociedades microterritoriais e as dimensións mutualista, educativa, artística, cultural, sanitaria e política do asociacionismo galego na diáspora, lembra Pilar Cagiao, comisaria do proxecto xunto con Vicente Peña Saavedra. Esta iniciativa do Consello da Cultura Galega contou coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

 

Fonte: Consello da Cultura Galega | Foto: Consello da Cultura Galega

1010 lecturas