A Agrupación Artística Gallega de La Habana festexou o "Día dos Nenos"

Listen to this page using ReadSpeaker

A Agrupación Artísitica Gallega en La Habana nunha imaxe de arquivo. Foto: Galicia Exterior.A Agrupación Artística Gallega de La Habana, Cuba, celebrou a segunda festa infantil do ano destinada aos nenos e nenas dos asociados e asociadas, coa asistencia dun centenar destes. Para iso, a sociedade galega organizou na mañá do pasado 15 de setembro nos salóns da Asociación Culinaria de La Habana (antiga Sociedade Cultural de Trabajadores del Yeso) unha actividade cultural coa participación dos pallasos do Grupo Yagruma de Teatro e Mimo, á que asistiron tamén persoas asociadas -nativas e descendentes- e invitadas.

Non faltou na celebración -como en toda boa actividade infantil neste país- a entrega de regalos, lambetadas e bufett incluído, e o rompemento das clásicas piñatas con lambetadas e cantar arredor do cake ou torta, a coñecida "Feliz Aniversario".

O presidente da asociación, o Sr. Julio Ramón Santamarina López, que tamén ostenta a presidencia da Federación de Sociedades Españolas de Cuba, transmitiu no seu nome e no da súa Xunta Directiva a felicitación aos nenos e nenas en ocasión do Día dos Nenos que se celebra en Cuba tradicionalmente o terceiro domingo de xullo pero que, por razóns alleas á vontade da entidade, nesta ocasión houbo que trasladalo para esta data.

Nas súas palabras, fixo referencia á dedicación da entidade aos nenos, nenas e mocidade descendente, nas diferentes actividades programadas pola asociación durante o ano, así como, aos esforzos que realiza a institución por manter a atención aos seus asociados e asociadas ao longo destes case dez anos á fronte dos destinos da sociedade.

 

Foto: Galicia Exterior

En imaxes
797 lecturas