Novas
Buscador
- Miranda asina tres convenios en Caracas e outro en Valencia para a mellora das condicións dos galegos e as galegas de Venezuela 25.04.2013 audio A Xunta destina en total 110.000 euros a estes catro acordos, sufragados en parte por Emigración e noutra polo Consorcio de Igualdade e Benestar. O secretario xeral visitou a ‘Hermandad Gallega’ en ambas cidades, e arestora pon rumbo a Brasil e México. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asina hoxe xoves no Salón... Máis información
- O Centro Galego de Lleida organizou a XVII Festa do Polbo 24.04.2013 audio Numeroso público e autoridades locais asistiron a esta xa tradicional cita anual que organiza o Centro Galego da capital ilerdense. Ás 11,30 horas do pasado domingo 21 de abril, no Mercat de Pardinyes-Barris Nord da cidade de Lleida, o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia), coa colaboración da Vocalía da Muller, celebrou a XVII Festa do Polbo... Máis información
- Miranda inicia unha viaxe por Venezuela, Brasil e México, para coñecer as necesidades das e dos case 110.000 galegos e galegas alí afincados 23.04.2013 audio A Xunta asinará sete convenios para a mellora das condicións dos galegos e as galegas da diáspora, centrados en aspectos socio asistenciais. A misión ten tamén por obxectivo ampliar as relacións cos galegos e as galegas con relevancia nos ámbitos académico, social e económico deses tres países. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- A Xunta promove a formalización de negocios conxuntos entre empresas galegas e uruguaias 22.04.2013 audio O director do Igape mantivo un encontro co seu homólogo do Instituto de Promoción de Inversiones y Exportaciones (Uruguai XXI) no que avaliaron a subscrición de futuros acordos de cooperación. Ambas entidades estudan a formalización dun convenio que favoreza as exportacións e facilite a implantación de empresas galegas en Uruguai. A Xunta de... Máis información
- A Xunta busca en Uruguai novas alianzas comerciais para os sectores produtivos galegos 19.04.2013 audio O director do Igape, Javier Aguilera, inicia en Montevideo unha viaxe institucional na que manterá diversos encontros con empresarios e empresarias do país na procura de investimentos e acordos para as empresas galegas. O obxectivo é ampliar as posibilidades de mercado dun país que ten rexistrado un incremento das exportacións galegas de case un... Máis información
- O presidente da Xunta cualifica de “claramente esperanzador” o resultado da súa viaxe a México porque permitiu “afianzar e ampliar” a alianza estratéxica no naval e estender a colaboración a outros sectores 19.04.2013 audio Feijóo asegura que “aproveitamos a oportunidade” que representa Pemex ao confirmar a construción dos dous floteis e o establecemento da base loxística no Porto da Coruña, e ao abrirse a vía para adxudicarse a renovación da súa flota menor e para a entrada da petroleira no capital dun estaleiro da ría de Vigo. Asegura que se acadou o aval do novo... Máis información
- A Consellería de Cultura e Educación participa na apertura dos XV Encontros para a Normalización Lingüística 18.04.2013 audio O secretario xeral de Política Lingüística inaugurou hoxe en Santiago este foro anual de referencia para as e os profesionais técnicos da dinamización lingüística en Galicia, nos que a Xunta colabora co Consello da Cultura Galega. O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín... Máis información
- Programas de retorno voluntario de inmigrantes 17.04.2013 audio Trátase de programas do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, a través da Secretaría General de Inmigración y Emigración, Dirección General de Migraciones e contan co cofinanciamento do Fondo Europeo para o Retorno. O Ministerio de Empleo y Seguridad Social, a través da Secretaría General de Inmigración y Emigración, Dirección General de... Máis información
- O gobernador de Iucatán traslada a Feijóo o interese en establecer nexos estables con Galicia en sectores como o eólico, o turismo, a pesca, a agroalimentación e o vitivinícola 16.04.2013 audio O titular da Xunta reuniuse, hoxe, co gobernador do Estado de Iucatán, Rolando Zapata. O presidente galego destaca as potencialidades da Comunidade para participar nos plans de diversificación económica emprendida neste Estado mexicano. O gobernador do Estado de Iucatán, Rolando Zapata, trasladou, hoxe, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez... Máis información
- Feijóo valora os avances alcanzados con Peña Nieto para o sector naval porque "México pode ter máis barcos galegos e Galicia máis investimento mexicano” 16.04.2013 audio O titular da Xunta visitou, hoxe, o Porto Progreso, un dos principais portos do país mexicano en canto ao tráfico de mercancías e considerado porta de entrada ao Golfo de México. Ve importante que o presidente mexicano avale que Pemex conte con Galicia en novas operacións no futuro e resalta a confianza da petroleira no naval galego, reflectida no... Máis información
Páxinas |









