Xesús Vázquez Abad recibe na Cidade da Cultura o alumnado do colexio Santiago Apóstol de Bos Aires que se atopa de viaxe de estudos en Galicia

Inaugurado no ano 1998, o colexio foi creado conxuntamente pola Xunta de Galicia e polo Centro Galicia de Bos Aires, por medio da Fundación Galicia-América, co propósito de desenvolver un programa educativo bicultural.

A Consellería de Cultura e Educación impulsa por diversas vías a aprendizaxe da lingua galega fóra de Galicia.

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado dos secretarios xerais de Cultura e Política Lingüísitica, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, recibiu hoxe na sala Einsenman da Cidade da Cultura de Galicia os dezasete alumnos que aprenden galego no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires Autor: Xoán Crespo
    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado dos secretarios xerais de Cultura e Política Lingüísitica, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, recibiu hoxe na sala Einsenman da Cidade da Cultura de Galicia os dezasete alumnos que aprenden galego no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires Autor: Xoán Crespo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado dos secretarios xerais de Cultura e Política Lingüísitica, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, recibiu hoxe na sala Einsenman da Cidade da Cultura de Galicia os dezasete alumnos que aprenden galego no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires e aos dous docentes que os acompañan na súa viaxe de estudos á nosa comunidade. Antes do encontro que mantiveron co titular de Cultura e Educación os rapaces visitaron a mostra ‘Auga Doce’, que se expón ata o vindeiro domingo.

Un ensino bicultural
O Santiago Apóstol materializou o vello desexo da colectividade emigrante na Arxentina de contar cun colexio galego, un proxecto que comezou a súa andaina da man do Centro Galicia de Bos Aires, fundado en 1979, contando co apoio da Xunta de Galicia.

O centro abriu as súas portas en 1998 e nestes 15 anos de historia foi completando a súa oferta educativa ata abranguer os actuais niveis de infantil, primaria e secundaria. Desde o ano 2003, o centro de ensino conta cun Departamento de Lingua e Literatura Galega, que contribúe aínda máis a reafirmar os valores e trazos da identidade e da cultura do noso país na escola, favorecendo a súa difusión entre o seu estudantado. O alumnado cursa nel as materias, co galego como lingua vehicular, de Lingua e Literatura, Xeografía e Historia de Galicia.

Este primeiro colexio galego-arxentino na Galicia exterior, naceu coa finalidade de afianzar e acrecentar o proceso de afirmación, de conformación e conservación da identidade galaico-arxentina por medio dunha educación en dúas culturas modélicas. O ideario do centro contempla como obxectivo o de propagar e soster o ensino en calquera nivel, inclulcando desde as aulas o ideal de servizo e solidariedade e mais o coñecemento dos valores culturais do pobo galego; da súa lingua; das súas tradicións; da súa historia, folclore, arte e demais manifestacións.

Proxectos de difusión do galego
Cómpre lembrar que a Consellería de Cultura e Educación impulsa por diversas vías a aprendizaxe da lingua galega fóra de Galicia. No ensino secundario, aos centros Galauda, que imparten lingua e literatura galegas no ensino secundario de Cataluña, súmanse en España, os das comarcas do Bierzo e de Sanabria que se benefician do Protocolo de Colaboración entre Galicia e Castela e León; no exterior, ao colexio bonaerense súmaselle o Cañada Blanch de Londres. No tocante ao ensino superior, a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia permite proxectar o ensino da nosa lingua cultura desde as 37 universidades que arestora contan con 28 lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.

1015 lecturas