Novas
Buscador
- As contas da Secretaría Xeral da Emigración nas redes sociais creceron un 46% en 2015, ata acadar os 15.000 seguidores e seguidoras 24.01.2016 audio GaliciaAberta.com no ‘Facebook’ ten xa 11.375 adheridas e adheridos, e son 3.269 as e os que seguen @GaliciaAberta en ‘Twitter’. Tamén a páxina web institucional acada case 15.000 visitas mensuais, cun tempo medio -por persoa usuaria e visita- de 3 minutos. Segundo Rodríguez Miranda, “o noso crecemento nestas mallas de ámbito mundial permítenos... Máis información
- Nota informativa sobre os cambios lexislativos en materia sociolaboral en Alemaña 22.01.2016 audio O documento publicado pola Embaixada de España no país xermano recolle os cambios que entraron en vigor en xaneiro de 2016. Tamén se informou sobre un servizo de asesoramento sobre C.V. que presta a Agentur für Arbeit en Berlín e Hannover. A Consellería de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Alemaña vén de publicar unha nota... Máis información
- Emigración ten xa posto a disposición de persoas e comunidades galegas no exterior o 80% do seu investimento efectivo para 2016 21.01.2016 audio Das convocatorias anuais do departamento que dirixe Rodríguez Miranda, as catro máis relevantes foron xa publicadas no DOG antes da segunda semana de xaneiro. O prazo de presentación de solicitudes para as axudas económicas individuais, e tamén para apoio a comunidades para funcionamento e actividades, remata o 8 de febreiro; o das axudas a... Máis información
- A Confederación APFERF pon en marcha as Permanencias xurídico-laborais e administrativas 2016 18.01.2016 audio A Confederación de Asociaciones de Padres de Familias Españolas Residentes en Francia (CAPFERF) porá en marcha o vindeiro mes de febreiro o servizo de asesoramento Permanencias xurídico-laborais e administrativas gratuítas para mozas e mozos españois residentes no país galo. Neste servizo de asesoramento contarase cun avogado e unha asistenta... Máis información
- O Ayuntamiento de Las Palmas de Gran Canaria propón a candidatura da Casa de Galicia aos premios 'Premios Canarias 2016' 15.01.2016 audio A entidade galega na capital grancanaria, fundada no 1951, está nominada a estes premios -que concede o Goberno de Canarias- na súa categoría de Accións Altruístas e Solidarias. Leva dende 1952 organizando nas datas do Nadal unha campaña benéfica de recollida de xoguetes (e a posterior Cabalgata de Reis), á que en 1987 se engadiu a de recollida de... Máis información
- Emigración destina 575.000 euros ás axudas para apoio infraestrutural, co que completa o investimento de 1’6 millóns de euros para comunidades galegas no exterior 13.01.2016 audio As entidades teñen de prazo ata o 13 de febreiro para presentar as solicitudes para estas axudas á conservación, obras, equipamentos e infraestrutura de instalacións, e para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable, dotadas no seu conxunto con 575.000 euros. Rodríguez Miranda destaca que mediante estas liñas de apoio ás... Máis información
- Inscricións aos cursos e talleres organizados pola FACEEF en París 08.01.2016 audio A Federación de Asociacións e Centros de Emigrantes Españois en Francia (FACEEF), ten aberta a inscrición para os cursos e talleres de vocabulario profesional, busca de emprego e inserción socio-laboral e profesional que organizará na súa sede de París. Estes talleres e cursos, subvencionados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, están... Máis información
- Publicada xa no DOG a orde de axudas para gastos de funcionamento e de actividades das comunidades galegas no exterior, que este ano aumenta un 11’11 % o seu orzamento, ata o millón de euros 07.01.2016 audio Esta orde compleméntase con outra similar, que sairá publicada en breve, dotada con case 600.000 euros, para apoio á infraestrutura e adquisición de equipamentos, polo que o investimento da Secretaría Xeral da Emigración en 2016 para axuda aos centros galegos ascende ao entorno dos 1’6 millóns de euros. Para Rodríguez Miranda, “o espírito... Máis información
- Felicitación do Nadal 2015 e Aninovo 2016 da Secretaría Xeral da Emigración 04.01.2016 audio Os traballadores e traballadoras que diariamente desenvolven a súa función a prol da diáspora galega dende a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia felicitan o Nadal 2015 e o Aninovo 2016 a través do programa 'Lembrando a Galicia', que se emite polas canles internacionais da Televisión de Galicia en todo o mundo a través dos distintos... Máis información
- As axudas de Emigración incentivan a creación de decenas de empresas 31.12.2015 audio Emprendedoras e emprendedores retornados poden beneficiarse de ata 8.000 € para levantar negocios. Son compatibles coas doutros departamentos da Xunta ou outras administracións. As galegas e os galegos que saíron cara ao exterior en busca de novos proxectos e agora regresan á súa terra teñen unha gran oportunidade para desenvolver na comunidade o... Máis información
Páxinas |






