Novas
Buscador
- O Centro Galego de Valencia vén de inaugurar dúas exposicións en Massanassa 05.04.2017 audio As dúas mostras estarán abertas ao público entre o 3 e o 7 de abril na Sala Gabriel Cualladó do Edificio Social-Cultural da vila da Horta Sur. Este pasado luns 3 de abril, ás 19:00 h, o Centro Galego de Valencia inaugurou dúas exposicións fotográficas sobre Galicia no Edificio Socio-cultural do Concello de Massanassa (Valencia). O acto estivo... Máis información
- Antonio Rodríguez Miranda, entrevistado en esRadio 04.04.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estivo no programa radiofónico Es la Mañana en Galicia de esRadio, que dirixe Ignacio Balboa, onde falou dos asuntos de actualidade da diáspora galega. Audio coa entrevista ao secretario xeral da Emigración (picar aquí para descargar) Máis información
- A Galicia actual e moderna espallarase de novo por todo o mundo co alumnado de ‘Escolas Abertas’, cuxa convocatoria sae hoxe publicada 03.04.2017 audio Por petición das propias comunidades galegas, ás habituais disciplinas de gaita, baile, percusión, canto e confección, engádese este ano a formación de persoal directivo, fundamental para o relevo xeracional en moitas delas. A través dos en torno a 2.000 alumnos e alumnas que teñen pasado polas distintas edicións do programa, decenas de milleiros... Máis información
- Miranda invita ás galegas e galegos en Cataluña a seren tamén protagonistas do despegue económico de Galicia 01.04.2017 audio O secretario xeral da Emigración ínstaos a participar activamente con accións tanto no territorio como na diáspora, tras debullar nunha conferencia en Barcelona algúns dos datos que avalan esa proxección. Miranda visitou antes a socias e socios, e instalacións, da sede do Centro Galego ‘Nós’ de Sabadell. O secretario xeral da Emigración... Máis información
- Convocado o programa “Reencontros na Casa”, da Secretaría Xeral da Emigración, que na súa edición de 2017 traerá á Galicia territorial a 190 paisanos e paisanas da diáspora 30.03.2017 audio O prazo de solicitude remata o 2 de maio de 2017. Sumando a esta iniciativa as prazas da modalidade irmá (“Reencontros na Terra”, que se convoca no mes de maio), o número total rondará as 350. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se regula e convoca o programa ‘Reencontros na Casa’ para residentes no exterior, na súa... Máis información
-
196 mozas e mozos galegos do exterior convivirán con residentes na terra mercé ao programa ‘Conecta con Galicia’ de Emigración e Xuventude
30.03.2017
audio
Mercé ao elevado uso das redes sociais entre a xuventude, as vivencias en primeira persoa das e dos participantes espállanse en tempo real entre a mocidade dos países nos que se asentan as comunidades galegas.
Desta maneira, tanto aquelas e aqueles que participan directamente como a súa familia e contorna, actúan de altofalantes da Galicia actual...
Máis información
-
O DOG publica hoxe as ordes de axudas a entidades galegas, polas que disporán de 1.575.000 euros
28.03.2017
audio
Destínase un millón a axudas para o funcionamento e actividades de índole cultural e social en relación con Galicia e os galegos e galegas.
Outros 575.000 teñen por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras, ou ben equipamentos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de abril.
Emigración reforza o seu apoio ás entidades...
Máis información
- A colaboración da Xunta coas entidades da diáspora garante a asistencia aos galegos e galegas de Río de Xaneiro 26.03.2017 audio O conselleiro de Política Social e o secretario xeral da Emigración visitaron as instalacións do Hospital Español, a Casa de España e o ‘Recreio dos Anciâos’, onde se atende ás e aos paisanos en situación social, económica, sanitaria ou familiar máis precaria. Rey Varela e Rodríguez Miranda asistiron hoxe á inauguración da ‘Praza Compostela’,... Máis información
- Rey Varela e Rodríguez Miranda reforzan en Brasil as accións de apoio social á comunidade galega residente no país 25.03.2017 audio Conselleiro e secretario xeral visitan as comunidades galegas asentadas na cidade de Río de Xaneiro, e asinan dous acordos de colaboración en beneficio dos galegos e galegas con necesidades socio asistenciais. O conselleiro de Política Social e o secretario xeral da Emigración, José Manuel Rey Varela e Antonio Rodríguez Miranda respectivamente,... Máis información
- As familias galegas residentes no exterior poden optar desde hoxe ás axudas sociais individuais, ás que Emigración destina 2’1 millóns 24.03.2017 audio Esta acción social da Secretaría Xeral supón en torno á terceira parte do orzamento efectivo para o presente ano. A axuda, de pago único cada ano, resulta fundamental en moitos casos para o mantemento das condicións de vida dos galegos e as galegas da diáspora. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe a convocatoria das... Máis información
Páxinas |







