Novas
Buscador
- A Secretaría Xeral da Emigración e a Dirección Xeral de Xuventude ultiman as convocatorias dos programas da Xunta para as mozas e os mozos galegos do exterior 08.01.2019 audio Antonio Rodríguez Miranda e Cristina Pichel Toimil mantiveron esta mañá un encontro para facer balance da súa actividade conxunta e deseñar as inminentes convocatorias para este exercicio. En 2018 máis de 230 mozas e mozos galegos residentes no estranxeiro beneficiáronse dos programas para a mocidade incluídos na Estratexia Emigración 2020. O... Máis información
- GaliciaAberta incrementou en 2018 nun 31% o seu número de usuarias e usuarios, que supera os 210.000 06.01.2019 audio O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado máis de 325.000 visitas, que supoñen preto dun 30% máis ca o anterior. As redes sociais do departamento do Goberno galego suman máis de 25.000 seguidoras e seguidores en todo o mundo e un incremento de preto do 30% respecto ao exercicio anterior. A Xunta de Galicia ultima o portal... Máis información
- A oficina de turismo do Centro Galego de Barcelona ocupa o local que albergara a instalación deste tipo máis antiga da península ibérica e posiblemente de Europa 04.01.2019 audio A Sociedad de Atracción de Forasteros de Barcelona, creada en 1907 para potenciar o turismo na capital catalá, emprazábase no mesmo baixo da Rambla barcelonesa. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou o pasado mes de decembro a instalación, coincidindo coa súa participación na xuntanza da Comisión Delegada do Consello de Comunidades... Máis información
- Publicada a galería de imaxes da entrega de diplomas ás e aos beneficiarios 2018-2019 das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior e Retorno para Formación Profesional 03.01.2019 audio Vén de publicarse a Galería de imaxes da recepción polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e entrega de diplomas da súa concesión ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da segunda promoción das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME, programa xestionado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coas universidades... Máis información
- Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo 31.12.2018 audio Boas tardes. A derradeira leición do mestre converteuse neste 2018 nun exiliado máis que volve á súa casa. Volve tarde, pero por primeira vez desde que Castelao o pintase en Bos Aires logramos que por fin se poida ver en Galicia e o poidamos admirar os galegos. Debemos sentirnos orgullosos do que significa que este cadro, que moitos consideran... Máis información
- Miranda felicita o Nadal e o Aninovo 2019 a todos os galegos e as galegas do exterior 29.12.2018 audio Desde a compostelá praza do Obradoiro, o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, felicitou as festas do Nadal 2018 e Aninovo 2019 a todos os galegos e as galegas do exterior. Máis información
- Miranda defende os valores de solidariedade, esforzo, traballo común, unión e xenerosidade das entidades galegas no exterior como exemplo para a diáspora 28.12.2018 audio O secretario xeral da Emigración explica no Parlamento que todos os centros galegos do mundo, preto de 200, deben cumprir a Lei de Galeguidade. O responsable do departamento autonómico achaca a defensa que o BNG fai do festival independentista no Centro Galego de Bruxelas ao inicio da súa carreira electoral ás europeas, ás que concorre con ERC. O... Máis información
- Entregados os premios literarios "Julio Camba 2018" do Centro Galego de Santander 26.12.2018 audio O Centro Galego de Santander (Casa de Galicia en Cantabria) que preside José Antonio Otero Hermida fixo entrega o sábado 15 de decembro, durante o tradicional xantar de Irmandade dedicado ao 'socio veterano', dos Premios Literarios “Julio Camba“ de relato curto na súa XIXª edición, correspondente ao presente ano 2018. No acto de adxudicación dos... Máis información
- Cinco centros galegos de España e Europa celebran o seu corenta aniversario coincidindo co da Constitución española 25.12.2018 audio As entidades vascas de Elgoibar e A Carballeira, a catalá de Sabadell, a andaluza de Málaga e a francesa de Marsella lanzan unha mensaxe de unidade e fraternidade a todas as galegas e os galegos espallados polo mundo. Cinco centros galegos espallados por España e Europa están a celebrar este ano o seu corenta aniversario, coincidindo coa... Máis información
- Miranda entregou o premio Rebulir do Festival Internacional 2018 23.12.2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo onte entrega do premio Rebulir á cantante e compositora Guadi Galego na decimo terceira edición da gala do Festival Internacional Rebulir, celebrada no pavillón deportivo O Picouto de Ramirás, en Ourense. O tamén músico Ico recolleu o galardón en nome da premiada. Máis información
Páxinas |








