Novas
Buscador
- Miranda sitúa a Festa do Emigrante de Val do Dubra como “lugar de encontro e de recordo permanente” da Galicia exterior 03.08.2019 audio O secretario xeral da Emigración acompaña ao alcalde José Manuel Varela na novidosa ofrenda foral ante a estatua do Emigrante, punto de inicio en 1984 dunha festividade que se vén celebrando desde entón. Chama a todas e todos os galegos, “os de aquí e os de alí”, a facer de “embaixadores” do Xacobeo 21. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- Miranda reitera o “compromiso permanente” de Galicia cos galegos e as galegas de Venezuela e agradece o “incalculable labor” das entidades galegas do país 02.08.2019 audio O secretario xeral da Emigración mantén un encontro con José Antonio Alejandro González, novo presidente dunha asociación que aglutina a máis de 20.000 galegas e galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co novo presidente da Hermandad Gallega de Venezuela, José Antonio Alejandro González, e co... Máis información
- A alcaldesa de Santander e a consejera de Educación y Turismo asistiron á procesión de Santiago 2019, organizada polo Centro Galego de Santander 31.07.2019 audio O venres 19, coincidindo co inicio da Semana Grande de Santander, as Casas Rexionais participaron no desfile partindo de Puertochico como xa é tradicional. O Centro Galego de Santander, co seu grupo folclórico Airiños da Terra (foto 1), abría a comitiva percorrendo a cidade ata a Plaza del Ayuntamiento, onde tivo lugar o tradicional chupinazo que... Máis información
- Miranda recibe aos socios e socias do Centro Galego Val do Rhin que fixeron o último tramo do Camiño de Santiago para conmemorar o seu 40 aniversario 30.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a un grupo de máis de medio centenar de socias e socios do Centro Galego Val do Rhin, que chegaron á Praza do Obradoiro tras facer o último tramo do Camiño de Santiago con motivo da celebración do seu 40 aniversario. Neste sentido, Miranda puxo en valor o Camiño como “... Máis información
- A diáspora galega xuntouse para celebrar o Día de Galicia 2019 29.07.2019 audio Mentres na compostelá Praza do Obradoiro milleiros de persoas asistían ao espectáculo dos fogos do Apóstolo Santiago, en moitas outras cidades do mundo galegas e galegos residentes no exterior xuntáronse na noite do 24 de xullo para celebrar xuntos a chegada do Día de Galicia, entonando o noso himno e cantando e bailando ao son dos instrumentos e... Máis información
- A Xunta apoia a contratación de 110 mozos e mozas cualificados en empresas e organismos de investigación a través do programa Principia, integrante da Estratexia Retorna 2020 28.07.2019 audio Cun investimento público de 1,1 millóns de euros, 10.000 euros por contrato dunha duración mínima dun ano, mobilizaranse máis de 2,6 millóns de euros. Nesta edición aumenta o número de entidades beneficiarias nun 30%, ata 77, sendo un 88% destas empresas. Desde a posta en marcha desta iniciativa tense apoiado a contratación de 472 profesionais de... Máis información
- Miranda visita as mozas e mozos galegos do exterior de entre 18 e 20 anos que conviven cos da Galicia territorial no albergue de Gandarío grazas a “Conecta con Galicia” 26.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo director do Complexo Xuvenil As Mariñas , Eduardo Vázquez Sánchez, visitou as mozas e os mozos galegos da Arxentina, O Uruguai e O Brasil que conviven desde no campamento que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío. Logo de facer nunha primeira etapa o Camiño de... Máis información
- Artigo do presidente da Xunta con motivo do Día de Galicia 25.07.2019 audio Galicia, camiño e destino En ocasións os poetas teñen unha especial lucidez para plasmar en forma literaria un estado de ánimo que ningún estudoso das dinámicas sociais é capaz de traducir. É o que sucede con aqueles versos amargos de Salvador García Bodaño nos que o noso bardo se queixa de que Galicia é un país “onde todo está por vir e non... Máis información
- Miranda entrega os diplomas ás e aos 63 docentes de disciplinas relacionadas coa cultura galega procedentes de oito países trala súa participación en “Escolas Abertas” 24.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta mañá o acto de entrega de diplomas das “Escolas Abertas” 2019, o programa do Goberno galego que este ano ofreceu a 63 docentes de oito países distintos actualizar e reforzar os seus coñecementos e técnicas pedagóxicas en diferentes disciplinas relacionadas coa cultura... Máis información
- Escolas Abertas leva a cultura máis tradicional de Galicia ao Pereiro de Aguiar de man de docentes das distintas disciplinas chegadas e chegados de oito países diferentes 23.07.2019 audio As beneficiarias e beneficiarios do programa da Secretaría Xeral da Emigración levan ao escenario situado na Praza do Concello os coñecementos adquiridos durante as últimas dúas semanas a través de especialistas nas materias. Antonio Rodríguez Miranda felicitou as e os 63 participantes na iniciativa do Goberno galego, a quen agradeceu a súa... Máis información
Páxinas |








