Miranda salienta que a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno contará con presenza nas catro provincias por primeira vez na historia

Subliña a importancia dunha infraestrutura que dispón de persoal especializado e permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. 

Sinala que este é un “fito moi destacado en materia de retorno” na procura de seguir consolidando as cifras de galegas e galegos que volven a casa: máis de 7.000 no 2018 e por riba dos 18.200 no que vai de lexislatura. 

Resalta que a oficina sitúase no edificio que foi o Pavillón de Galicia na Expo 92, ‘Edificio Xacobeo’: “Daquela ensinou ao mundo o que era Galicia, e agora permitirá orientar aos galegos do exterior na súa volta á casa”. 

  • O secretario xeral da Emigración visita, acompañado das e dos membros da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas, as novas instalacións en Santiago
    O secretario xeral da Emigración visita, acompañado das e dos membros da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas, as novas instalacións en Santiago
  • O secretario xeral da Emigración visita, acompañado das e dos membros da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas, as novas instalacións en Santiago
    O secretario xeral da Emigración visita, acompañado das e dos membros da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas, as novas instalacións en Santiago
  • Imaxe da apertura esta mañá da reunión da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas
    Imaxe da apertura esta mañá da reunión da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas
  • Imaxe da apertura esta mañá da reunión da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas
    Imaxe da apertura esta mañá da reunión da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno xunto coa Comisión Delegada do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas. Unha visita durante a que o representante do Goberno autonómico salientou que a oficina, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, contará con presenza nas catro provincias “por primeira vez na historia”, para o que contará con persoal especializado nas delegacións da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. 

“As cifras indícannos que imos polo bo camiño: o 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con más de 7.000 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba dos 18.200 retornados”, salientou o secretario xeral que, neste marco, puxo en valor a importancia dunha infraestrutura que permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. 

Para seguir consolidando estas cifras, o secretario xeral demandou unha maior implicación do Goberno central, especialmente na tramitación de permisos de residencia para as e os familiares das cidadás e os cidadáns galegos do exterior, e na simplificación da homologación dos títulos universitarios. “Nesta oficina aténdense casos diarios de xente que quere volver á súa terra e atópase moitísima dificultades nestes campos”, resaltou. 

Así mesmo, Rodríguez Miranda lembrou que a ampliación desta oficina é parte da Estratexia Retorna 2020 que está a desenvolver a Secretaría Xeral cun orzamento global de máis de 235 millóns, dos que 15 abarcan só medidas específicas de fomento do retorno. Esta estratexia ten entre os seus obxectivos conseguir o “regreso á casa de máis de 20.000 galegos do exterior” no período 2018-2020, contribuíndo deste xeito a rexuvenecer a poboación e acompañando á persoa retornada durante todo o proceso de retorno.  

Un símbolo do Xacobeo para promover o retorno 
Durante a visita, realizada na previa do XII Consello de Comunidades Galegas e trala reunión da Comisión Delegada do anterior Consello, o secretario xeral resaltou tamén o emprazamento da nova oficina, situada no edificio que foi o Pavillón de Galicia na Expo 92, ‘Edificio Xacobeo’: “Daquela ensinou ao mundo o que era Galicia, e agora permitirá orientar aos galegos do exterior na súa volta á casa”. 

1299 lecturas