Miranda: “se o século XX foi o da emigración, queremos que o século XXI sexa o do retorno”

Subliña que, tralo acto inicial de San Domingos de Bonaval, este mosteiro do século XVI acollerá o vindeiro martes a primeira xornada dun Plenario que concluirá na Cidade da Cultura como símbolo desa “Galicia moderna que se ergue sobre toda a súa historia”. 

Destaca que Santiago foi o lugar elixido para un Consello que se desenvolve “na antesala do próximo Xacobeo 21” co obxectivo de “facer da galeguidade o mellor embaixador do vindeiro Ano Santo”.

Salienta que a aposta polo retorno -plasmada no propio Plenario coa incorporación por primeira vez na súa historia dun relatorio sobre o tema-, estase a ver reforzada polos datos: “No que vai de lexislatura volveron a Galicia máis de 18.200 galegos”.

  • O secretario xeral da Emigración visita as instalacións de San Martiño Pinario, onde se desenvolverá a primeira das xornadas do XII Consello de Comunidades Galegas
    O secretario xeral da Emigración visita as instalacións de San Martiño Pinario, onde se desenvolverá a primeira das xornadas do XII Consello de Comunidades Galegas

XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, subliñou hoxe, durante unha visita ás instalacións de San Martiño Pinario, onde se desenvolverá o próximo martes a primeira das dúas xornadas do XII Consello de Comunidades Galegas, que “se o século XX foi o da emigración, queremos que o século XXI sexa o do retorno”.  

Así, durante a visita, na que estivo acompañado polo subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas, o titular do departamento autonómico subliñou que o Goberno galego está a traballar para consolidar as cifras de retorno á Comunidade, e que o propio Consello incorporará, por primeira vez na súa historia, o tema do retorno nun dos seus relatorios. 

Neste marco, Rodríguez Miranda puxo en valor os lugares de celebración deste XII Plenario que, tralo acto inicial en San Domingos de Bonaval, vivirá a súa a primeira xornada en San Martiño Pinario -mosteiro do século XVI no que tamén estarán aloxadas e aloxados as e os participantes- e a segunda na Cidade da Cultura, un emprazamento que busca ser “símbolo desa Galicia moderna que se ergue sobre toda a súa historia”. 

Unha historia, explicou o secretario xeral, que “non se entendería sen á diáspora, que ten levado o nome de Galicia polo mundo enteiro, e que queremos que siga a facelo”. Neste sentido, Miranda salientou que Santiago acollerá esta nova edición do Consello “na antesala do próximo Xacobeo 21” co obxectivo de “facer da galeguidade o mellor embaixador do vindeiro Ano Santo”. 

“Pero tamén queremos que volvan”, proseguiu en referencia a esa aposta polo retorno que, tal e como expuxo, está a ser avalada polas cifras. Así, detallou, só no ano 2018 volveron á Comunidade máis de 7.000 cidadás e cidadáns galegos, no que é o quinto exercicio consecutivo de incremento do retorno e o mellor dato da década; unha cifra que se sitúa por riba das e dos 18.200 galegas e galegos atendendo ao que vai de lexislatura.

O secretario xeral salientou que, na procura de seguir mellorando estes números, o Goberno galego ten en marcha a Estratexia Retorna 2020 que, cun orzamento global de máis de 235 millóns –dos que 15 abarcan só medidas específicas de fomento do retorno-, conta entre os seus obxectivos con conseguir o regreso á súa terra de máis de 20.000 galegas e galegos no período 2018-2020, contribuíndo deste xeito a rexuvenecer a nosa poboación e a acompañar á persoa retornada durante todo o proceso de retorno. 

“Destes temas e doutros temas falaremos os próximos días 3 e 4 de decembro no XII Consello de Comunidades Galegas, escoitando todas as achegas dos representantes dos nosos centros galegos espallados polo mundo, e sentando as bases polas que debe transcorrer a galeguidade nos próximos anos”, afondou. 

En imaxes
252 lecturas