Valentín García participa no acto de 33º Aniversario do Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà clausurou no mesmo encontro as súas Xornadas Culturais 2019, apoiadas pola Xunta de Galicia.

No acto presentáronse os libros '20 anos de Certame Rosalía de Castro' e 'O paxaro de Nácara', de Pura Salceda.

  • O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de 33º Aniversario do Certame de Poesía Rosalía de Castro. Foto: A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà
    O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de 33º Aniversario do Certame de Poesía Rosalía de Castro. Foto: A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà
  • O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de 33º Aniversario do Certame de Poesía Rosalía de Castro. Foto: A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà
    O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de 33º Aniversario do Certame de Poesía Rosalía de Castro. Foto: A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà
Listen to this page using ReadSpeaker
Cornellà de Llobregat (Barcelona), 7 de decembro de 2019.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou hoxe ao serán na sede da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, no acto de 33º Aniversario do Certame de Poesía Rosalía de Castro co que a entidade galego-catalá clausurou tamén as súas Xornadas Culturais 2019.

O representante da Xunta expresou a súa satisfacción pola “continuidade e boa saúde dun certame poético dos máis destacados, non só da Galicia emigrante, senón tamén da territorial, tal e como mostra a nómina de autores que viron premiadas as súas composicións nos últimos vinte anos e cuxos textos ven agora a luz”.

No encontro presentáronse tamén as obras Certame de poesía Rosalía de Castro (1997-2018), unha edición da Xunta de Galicia que recompila os textos de 49 poetisas e poetas galardoados ao longo dos últimos 20 anos nun premio que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e a novela O paxaro de Nácara, de Pura Salceda.

Case tres décadas de poesía galega en Cornellà
O volume Certame de poesía Rosalía de Castro (1997-2018), coordinado polo comunicador radiofónico Xulio Couxil, dálle continuidade a dúas publicacións anteriores -Certame Rosalía de Castro de Poesía en Lingua Galega e Certame de Poesía Rosalía de Castro 1992-1996- que dan mostra da longa traxectoria do premio literario convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, un premio que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O libro recolle os 63 traballos galardoados no devandito certame entre 1997 e 2018, así como unha breve biografía de cada unha das 49 autoras e autores galardoados, entre quen figuran Marcelino Sixto Deibe, Antón Riveiro Coello, Modesto Fraga, Rexina Vega, Baldo Ramos, Ana Vázquez Estévez, Emma Pedreira, Lito Caramés, Alberte Momán, Yolanda López, Alba Cid, Israel Martínez Veiga, Cruz Martínez Vilas, Amauta Castro, Miriam Ferradans, Cristina Ferreiro, Arancha Nogueira, Manuel Dopico, Issac Xubín e Gonzalo Hermo, entre outros.

Fotos: Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá de Llobregat

355 lecturas