Novas
Buscador
- A Secretaría Xeral da Emigración, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Seoane presentan “Fardel de eisilado” 06.04.2021 audio Fardel de eisilado foi un dos libros máis queridos por Luis Seoane (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979). Concibiuno como un libro de debuxos con textos e acabou sendo un dos poemarios que inauguraron a poesía socialrealista na literatura galega. A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o secretario xeral da Emigración,... Máis información
- A Xunta impulsará unha oferta de 16 másteres de FP a partir do próximo curso que mellorará e especializará ás tituladas e titulados e á que poderán optar as e os emigrantes retornados 06.04.2021 audio Videoxogos, intelixencia artificial, ‘big data’ ou ciberseguridade son algunhas das ramas que se buscan introducir no ensino da nosa Comunidade. O obxectivo, no marco da futura Estratexia Galega de FP, é promover a excelencia destas ensinanzas e propiciar unha maior relación co mundo empresarial. Estes cursos de especialización facilitarán a... Máis información
- Emigración destina ao Centro de Día do Centro Gallego de Mar del Plata 15.000 euros para a atención social a galegas e galegos residentes nesta cidade arxentina 05.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración mantivo hoxe unha videoconferencia coa presidenta desta entidade, María Fernanda Vidal Rodríguez, e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantiveron hoxe unha reunión por... Máis información
- A Xunta mobilizará preto de 10 millóns de euros a través de catro liñas de axudas a particulares para o pago do alugueiro, das que se poden beneficiar as e os emigrantes retornados 05.04.2021 audio A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abriu a orde de subvencións ao alugamento dotada con 2,27 millóns de euros. Mañá, 6 de abril, está previsto que se convoquen tamén as axudas ao arrendamento dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade pola covid. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de... Máis información
- Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas de Cuba a súa colaboración na xestión das máis de 5.800 axudas económicas individuais presentadas 04.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión telemática con Sergio Toledo Bueno, presidente desta entidade. Tamén agradeceu a labor das e dos 12 coordinadores nas diferentes provincias que permitiu achegar estas axudas aos galegos e galegas de toda a illa. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas... Máis información
- Emigración informa a máis de 220 universitarias e universitarios galegos do exterior sobre as bolsas de excelencia BEME para cursar mestrados nas tres universidades de Galicia 03.04.2021 audio O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu tres sesións on line para informar ás e aos interesados nestas bolsas de América e Europa. Na nova convocatoria, que está aberta ata o 30 de abril, aumentase o número de bolsas ata chegar ás 200 de cara a incentivar a que os galegos e galegas do exterior de alta cualificación fixen a súa... Máis información
- Emigración centra esta semana no Xacobeo o seu espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 02.04.2021 audio Esta semana poderanse ver documentais sobre gastronomía no Camiño, produtos viaxeiros e incluso, o amor no Camiño Inglés. Pódense visionar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, Ciencia e historia galega, Música e Artes escénicas A Secretaría Xeral da Emigración segue a difundir, a través da súa plataforma web (... Máis información
- Miranda compromete coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo un acordo de colaboración por 15.000 euros para a atención sociosanitaria a galegas e galegos residentes no Brasil 01.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración mantivo hoxe unha videoconferencia co presidente esta entidade, Arturo Chao Maceiras. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo nas últimas horas unha reunión por videoconferencia co presidente da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, Arturo Chao Maceiras, a quen se lle... Máis información
- A Consellería do Mar convoca tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade ‘on line’, na que poden inscribirse as galegas e galegos retornados 31.03.2021 audio Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería e o período de inscrición remata o próximo 16 de abril. Ofértanse 60 prazas por centro e a formación realizarase entre o 18 de maio e o 25 de xuño, cunha duración de 50 horas. A Consellería do Mar vén de convocar tres novos cursos de... Máis información
- O Consello da Cultura Galega recibe unha doazón sobre Urbano Feijóo 31.03.2021 audio A figura de Urbano Feijóo de Sotomayor (1808-1898) é bastante controvertida. Foi un empresario e político galego que promoveu a creación dun plan de colonización que facilitase, en termos xurídicos, económicos, filantrópicos e prácticos a chegada a Cuba de galegos. Un operativo que se iniciou en 1854 e rematou dous anos despois nunha crise... Máis información
Páxinas |









