Miranda recibe ao presidente da Casa de Galicia en Montevideo (Uruguai)

Miranda e Iglesias, durante a reunión celebrada na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Miranda e Iglesias, durante a reunión celebrada na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas ao presidente da Casa de Galicia en Montevideo, Uruguai, Alberto Iglesias, co obxectivo de saudarlle e trasladarlle a situación que está a vivir o colectivo galego residente neste país do Cono Sur.

Alberto Iglesias destacou a continuidade da actividade asistencial desta entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 1917 e que ten o compromiso de dar cobertura a tódolos seus asociados e asociadas, a maioría de orixe galega, e ás e aos seus descendentes. O hospital presta cobertura sanitaria gratuíta aos galegos e galegas en situación de carencia ou de necesidade económica.

388 lecturas