Novas
Buscador
- Miranda e López Dobarro planifican coas entidades galegas en Arxentina as actividades do 2021 15.01.2021 audio O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta neste país analizaron tamén coa colectividade arxentina a situación que atravesan polo avance da pandemia. Adiantáronlles que, nos próximos días, comezarán a convocarse tanto as axudas ás entidades como as de carácter social para axudar ante os problemas que estanse a producir pola covid-19... Máis información
- Unha nova entrega do especial “Historias de ida e volta” documenta os oficios masculinos na emigración 15.01.2021 audio A cuarta entrega do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, pon o foco nesta ocasión nos oficios desempeñados polos emigrantes nos países de acollida. Fotografías de operarios da construción, limpadores, fogueiros nos ferrocarrís, cargadores... Máis información
- Emigración apoia a representación de “O charco de Ulises”, unha revisión da “Odisea” de Homero dende a perspectiva da emigración galega 14.01.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde no Salón Teatro de Santiago de Compostela, xunto ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, á estrea da primeira produción propia da actual tempada do Centro Dramático Galego, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por... Máis información
- Miranda recibe ao presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela 14.01.2021 audio O secretario xeral da Emigración analizou con Roberto González Pérez a situación das galegas e galegos residentes neste país en especial en relación á actual pandemia da covid-19 e ás súas necesidades sanitarias. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión con Roberto González Pérez, presidente da... Máis información
- Emigración analiza coa Asociación de Xóvenes Emigrantes a inminente convocatoria das bolsas BEME 13.01.2021 audio O secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coas representantes desta agrupación co obxectivo de reforzar o acompañamento e a información a futuros galegos e galegas do exterior que desexen ampliar estudos en Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro... Máis información
- Miranda analiza coas entidades galegas na Comunidade de Madrid as súas necesidades na actual situación de pandemia 12.01.2021 audio O secretario xeral da Emigración agradece o esforzo feito a prol da colectividade durante a “difícil situación que nos está a tocar vivir” e interésase por como están a vivir as consecuencias da tormenta Filomena. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde unha reunión de traballo coas entidades galegas na... Máis información
- A Xunta detecta nichos de emprego en atención sanitaria, limpeza industrial, xestión de chamadas, loxística, educación, industria farmacéutica e empresas TIC 11.01.2021 audio Entre as novas tendencias destacan as e os profesionais tecnolóxicos vencellados coa sanidade, coa robótica para a industria automobilística, atención telefónica e xestión de pedidos para o comercio electrónico e suprevisoras e supervisores de limpeza industrial. A Xunta desenvolve un estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do... Máis información
- GaliciaAberta incrementou en 2020 o seu número de usuarias e usuarios ata superar os 276.000 09.01.2021 audio O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado preto de 401.100 visitas, o que supón un 5% máis ca no exercicio anterior. As redes sociais do departamento do Goberno galego suman case 38.000 seguidoras e seguidores en todo o mundo, o que supón un incremento de preto do 25% respecto ao 2019, destacando Instagram, con máis dun... Máis información
- O universo Balbino celebra seis décadas da publicación de 'Memorias dun neno labrego', que se sitúa entre as obras máis vendidas 08.01.2021 audio A obra mestra de Xosé Neira Vilas saíu do prelo en Bos Aires en xaneiro de 1961 e revalidou o seu posto entre as dez publicacións máis vendidas por Galaxia en 2020. Román Rodríguez puxo en valor o papel deste ilustre escritor, que tamén foi emigrante na Arxentina, na literatura infantil galega e a súa capacidade de transmisión interxeracional da... Máis información
- Emigración apoiou a case 8.200 familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade económica e social 07.01.2021 audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que estas axudas foron solicitadas dende 7 países diferentes. Estes apoios centráronse en dúas liñas de axuda, de carácter económico e individual, destinadas directamente ás persoas en grave risco social. A Secretaria Xeral da Emigración destinou en 2020 un... Máis información
Páxinas |









