Novas
Buscador
- Emigración xa supera as mil axudas extraordinarias a familias retornadas no ecuador do período de presentación de solicitudes 14.08.2021 audio A Secretaría Xeral destina 2,2 millóns de euros a dúas liñas destinadas a paliar os problemas xerados pola pandemia entre as galegas e galegos retornados. A Secretaría Xeral da Emigración recibiu xa, no ecuador do período de presentación de solicitudes, 1.091 demandas de axuda dentro da liña de apoio ás galegas e galegos retornados para facer... Máis información
- Emigración recorda ás entidades galegas de España e Europa o remate do prazo de presentación das solicitudes de “Reencontros co Xacobeo” 13.08.2021 audio Esta iniciativa, que está destinada ás e aos maiores de 65 anos, permitiralles coñecer o patrimonio cultural e natural das zonas polas que realicen o Camiño de Santiago e as actividades de balneario no lugar no que se aloxen. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 16 deste mes. A Secretaría Xeral da Emigración lembra ás entidades... Máis información
- As mozas e mozos galegos retornados poden solicitar dende mañá as axudas para o pago do permiso de conducir de coche e camión 13.08.2021 audio A subvención será de 400 euros para o carné tipo B e 650 para o de tipo C. Na pasada convocatoria beneficiáronse desta axuda máis de 1.700 mozos e mozas. A orde conta cun orzamento total de máis 760.000 euros e as e os interesados teñen un mes para solicitala. A partir de mañá e ata o 13 de setembro as mozas e mozas de Galicia poderán solicitar... Máis información
- Emigración actualiza o seu espazo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con contidos relacionados coa historia cultural de Galicia 12.08.2021 audio Esta semana descubriremos a historia dos horrea galaicos do Castro da Acea, escoitaremos a Lucía Pérez, pasearemos polo Camiño da Geira e poderemos gozar coa representación da Foliada na Vila. Pódense visionar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, Ciencia e historia de Galicia, Música e Artes escénicas. A Secretaría... Máis información
- O restaurante do Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife xa está a usar o material de restauración enviado por Emigración co logo do Xacobeo 21-22 12.08.2021 audio O restaurante co que conta o Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife xa conta co material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 que a Secretaría Xeral da Emigración enviou ás diferentes entidades galegas do exterior. Este envío permite dotar de material de traballo a estes centros de restauración pero tamén promocionar o Camiño de Santiago ante... Máis información
- Miranda felicita ao presidente do Centro Español de Liechtenstein e aos seus socios e socias pola posta en marcha dunhas novas instalacións modernas en plena pandemia 11.08.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a Manuel Figueroa, presidente do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein, con quen analizou a recuperación da actividade do centro trala apertura das súas novas instalacións en Gamprin. Miranda felicitou tanto a Figueroa como aos seus socios e socias... Máis información
- Emigración recorda que continúa aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais 11.08.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados que permite ás galegas e galegos que, como Manuel Sangiao, regresaron á súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en... Máis información
- Emigración participa en Lalín na entrega dos premios Alecrín 2021 10.08.2021 audio O acto deste ano ten como obxectivo promocionar a capital do Deza e a súa famosa gastronomía entre as directivas dos centros galegos asentados en Cataluña. Entre os premiados e premiadas atópanse Antonio Díaz, do xornal Crónicas da Emigración, e Pablo Rodríguez, fotógrafo e organizador de exposicións, pola súa labor a prol da emigración. O... Máis información
- A Xunta abre a convocatoria dun programa pioneiro de formación e mentorización de mozos e mozas para a transición da vida académica á laboral 10.08.2021 audio O Goberno galego destina 450.000 euros a esta iniciativa que conta coa colaboración das tres universidades galegas e da que se poderán beneficiar este ano 350 mozas e mozos que acaban de rematar os seus estudos. Durante tres meses recibirán asesoramento de expertas e expertos e desfrutarán de diferentes actividades, como a visitas a empresas, para... Máis información
- Miranda recibiu á secretaria da Casa de Galicia en Nova York, coa que analizou a recuperación da actividade cultural desta entidade 09.08.2021 audio O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a Noelia Siaba, a secretaria da Unidade Galega dos EE.UU. de América - Casa de Galicia de Nova York, con quen analizou a recuperación da actividade cultural deste centro, paralizada durante varios meses pola pandemia e recentemente reiniciada. Na reunión, que permitiu seguir a manter o... Máis información
Páxinas |









