As mozas e mozos galegos retornados poden solicitar dende mañá as axudas para o pago do permiso de conducir de coche e camión

A subvención será de 400 euros para o carné tipo B e 650 para o de tipo C.

Na pasada convocatoria beneficiáronse desta axuda máis de 1.700 mozos e mozas.

A orde conta cun orzamento total de máis 760.000 euros e as e os interesados teñen un mes para solicitala.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de subvencións que forman parte do Plan Estratéxico de Xuventude
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de subvencións que forman parte do Plan Estratéxico de Xuventude
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2021.

A partir de mañá e ata o 13 de setembro as mozas e mozas de Galicia poderán solicitar as axudas para o pago do permiso de conducir tipo B ou tipo C, isto é, de turismo ou camión, respectivamente. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de axudas que forman parte do Plan Estratéxico de Xuventude da Xunta de Galicia 2021 e que teñen como obxectivo promover a inserción laboral da mocidade.

O Goberno galego, co obxectivo de mellorar a autonomía, mobilidade e inserción laboral da mocidade, pon en marcha esta orde que conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros, cofinanciados nun 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. Así, para a obtención do permiso de condución de clase B, de turismo, o importe da axuda será de 400 euros, e de 650 euros para o de clase C, o de camión.

Na pasada convocatoria desta orde, máis de 1.700 mozas e mozas recibiron a axuda, deste mesmo xeito, estímase que este ano a medida acade o mesmo número de persoas ou incluso se supere. Cómpre sinalar que o prazo de solicitude podería rematar con anterioridade no caso de que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.

As persoas interesadas en solicitar esta axuda deberán ter máis de 18 anos, estar empadroadas na Comunidade Autónoma desde hai un ano e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén teñen que estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter obtido o permiso entre o 1 de xaneiro e a data da presentación.

As solicitudes teñen que presentarse por vía electrónica a través do formulario dispoñible na Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

2162 lecturas