Novas
Buscador
- Miranda salienta en Xenebra que o programa Retorna Cualifica Emprego é “o pulo definitivo para facilitar o regreso dos galegos do exterior” 24.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración explicou, da man da entidade A Nosa Galiza de Xenebra, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Antonio Rodríguez Miranda e as fundacións Nortempo e Venancio Salcines... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” de febreiro afonda no labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos 24.02.2023 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en... Máis información
- As circunstancias coas que se enfrontaron no retorno centran o encontro entre Emigración e os bolseiros e bolseiras BEME da UDC 23.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantiveron un encontro con estas e estes alumnos que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna. Nesta universidade están a estudar, grazas a esta bolsa de excelencia académica, 61... Máis información
- A Xunta celebrará en Galicia a finais de setembro o Consello de Comunidades Galegas 22.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, no que se estableceron os relatorios que serán obxecto de traballo neste encontro e que estarán centrados nos eidos da galeguidade, a cultura, o ámbito social e o retorno. A reunión permitiu coñecer o informe da actividade... Máis información
- A Xunta leva a Suíza o programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrece, en Galicia, ata 400 postos de traballo indefinidos para galegas e galegos do exterior 22.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zürich as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Estará acompañado de representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines,... Máis información
- Miranda felicita ao Centro Galego de Valparaíso polos seus 30 anos de traballo en prol da cultura galega en Chile 21.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co delegado do Centro Galego de Valparaíso de Chile en Galicia, Miguel Ángel Jopia, co obxectivo de analizar as actividades que están a desenvolver nos últimos meses nesta entidade e as que xa se están a proxectar de cara ao 2023, ano especialmente importante para... Máis información
- Galería de imaxes dos actos de presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 e da entrega de compostelas en Bos Aires 21.02.2023 audio A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, fixo entrega no Club Español de Bos Aires das compostelas e diplomas ás e aos participantes nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo do pasado ano. Ademais, a continuación, nese mesmo espazo tamén tivo lugar a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 da Xunta de... Máis información
- A Xunta presentará en Suíza, o país europeo con maior colectividade galega, a Estratexia Galicia Retorna 20.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zürich as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines exporán os... Máis información
- Emigración e o Centro Galego de Lleida presentan o novo número da revista Xurdimento dentro da Semana Cultural da entidade catalá 18.02.2023 audio A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, participou onte na presentación do novo número da revista Xurdimento do Centro Galego de Lleida. Esta actividade, que se engloba dentro da Semana Cultural desta entidade, reuniu a un bo número de socias e socios e... Máis información
- Miranda comparte unha visita á Cidade da Cultura con medio cento de mozos e mozas do grupo do Estadio Español de Las Condes (Chile) 17.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu hoxe con medio cento de mozos e mozas pertencentes ao grupo do Estadio Español de Las Condes de Chile, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por España e que, nestes días, permitiulles coñecer Santiago de Compostela. Deste xeito, esta... Máis información
Páxinas |









