Emigración recorda, a través da experiencia de Noelia Beatriz Gerbaudo, bolseira retornada da Arxentina, que a convocatoria BEME deste ano remata o próximo venres, 28 de abril
A Secretaría Xeral da Emigración invita a coñecer a historia de Noelia Beatriz Gerbaudo, galega retornada da Arxentina, que solicitou unha Bolsa Excelencia Mocidade Exterior - BEME que facilita ás galegas e galegos universitarios do exterior un máster nunha das tres universidades galegas. Emigración recorda ás e aos interesados que a nova convocatoria, para o curso 2023/24, pecha o próximo venres, 28 de abril.
As beneficiarias e beneficiarios da iniciativa deben ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. A bolsa, cuxo importe é de 7.500 ou 8.000 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60-72 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aquelas e aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de entre 11.250 e 12.000 euros (en función do continente de procedencia do alumnado). Máis información nesta ligazón.
Novas relacionadas