Novas
Buscador
-
Rueda e Camba fan entrega dos diplomas acreditativos a 50 alumnos dun curso de informática en Zürich
26.03.2011
audio
Trátase dos participantes no curso de formación “Redes Sociais na web e técnicas de hardware”, financiado pola Xunta de Galicia. O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba, fixeron entrega onte na Fundación ECAP de Zürich dos diplomas aos 50 alumnos do curso... Máis información
-
A Xunta participa na conmemoración do XXX aniversario da Asociación Cultural “As Xeitosiñas” de Zürich (Suiza)
26.03.2011
audio
O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, destacou o “traballo ben feito, o labor constante de renovación e a permanente loita pola mellora” da asociación. Durante a cea homenaxe actuou a representante española deste ano en Eurovisión, a galega Lucía Pérez, natural do Incio (Lugo). O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e... Máis información
-
A Xunta apoiará ás entidades de Latinoamérica na atención socio asistencial que prestan aos galegos e galegas da diáspora
25.03.2011
audio
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, desprázase a Arxentina, Uruguai e Brasil para amosar o seu respaldo á colectividade galega emigrada a estes países. O departamento autonómico e a Secretaría Xeral da Emigración asinarán convenios de colaboración co Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires, o Centro Gallego de Mar del Plata e co... Máis información
-
"Queriamos demostrar que Brasil é Galicia tamén"
25.03.2011
audio
Carlos Núñez analiza nun documental a conexión cultural galaico-brasileira. O músico presentará a película no Festival Internacional Play-Doc de Tui. A gaita galega foi o primeiro instrumento europeo en chegar ao país americano. O 'forrou' ou o 'sertanejo' mostran semellanzas coa música celta. O filme recompila os seus anos en Brasil durante a... Máis información
-
Un galego no fútbol americano
24.03.2011
audio
Antón Viñas, cunha bolsa, é o pateador do equipo dun instituto de Seattle. En Galicia xogaba ao rugbi, unha bolsa permitiulle irse a estudar a Estados Unidos e en Seattle decidiu internarse no mundo do fútbol americano. Antón Viñas Díaz (Vigo, 1994) converteuse no primeiro galego que se pon casco para patear o oval. Camiño dos 17 anos e en idade... Máis información
-
Un profesor ferrolano que vive en Taiwan recibe o Premio de Poesía Hiperión
23.03.2011
audio
A obra «Las almas nómadas», de Miguel Salas, será presentada na feira do libro de Madrid. O profesor e escritor de orixe galega Miguel Salas é o gañador da vixésima sexta edición do Premio de Poesía Hiperión, polo seu libro Las almas nómadas, que se publicará no mes de maio. Salas vive actualmente en Taiwan, onde é profesor universitario. De... Máis información
-
Galicia presenta o seu protocolo pioneiro sobre trata nun seminario internacional
23.03.2011
audio
Galicia é pioneira na implantación de dereitos ás vítimas de trata como o permiso de residencia, un período de reflexión en seguridade, ou atención psicolóxica, sempre que colaboren coas autoridades. O Goberno galego tamén colabora coas ONG que traballan coas vítimas de trata para garantirlles unha atención integral. Ademais de fomentar a... Máis información
-
«El Papagayo» leva a actualidade da Costa da Morte a Suíza a través das ondas da radio
22.03.2011
audio
O programa emítese en Raio X na rexión de Basilea. Os veciños da Costa da Morte que residen na rexión de Basilea, en Suíza, xa poden estar ao tanto da actualidade da súa bisbarra de orixe a través do programa El Papagayo, emitido pola Radio X. Realizado integralmente en castelán, o programa dedicou a súa última edición á bisbarra de Bergantiños... Máis información
-
A Xunta lembra a importancia da educación e a formación no Día Internacional contra o Racismo e a Xenofobia
22.03.2011
audio
O subdirector da Inmigración visitou onte un curso para residentes de orixe estranxeira na sede de Cáritas en Santiago, onde lembrou algunhas das accións recentes desenvolvidas polo seu departamento. Co gallo do Día Internacional contra o Racismo e a Xenofobia, o subdirector da Inmigración da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Aguarón,... Máis información
-
Xornada Informativa sobre subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para realizar proxectos de acollida e integración da poboación inmigrante.
16.03.2011
audio
A Subdirección do Retorno e da Inmigración organiza unha xornada informativa con motivo da inminente publicación da convocatoria de subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para realizar proxectos de acollida e integración da poboación inmigrante. Día: 31 de marzoHora: de 10:00 a 14:00 h.Lugar: Aula 5, Escola Galega de Administración Pública (... Máis información
Páxinas |