Novas
Buscador
- A Consellería de Cultura e Educación acada un acordo co Goberno arxentino para celebrar en Galicia un encontro bilateral de industrias culturais 01.04.2012 audio A Cidade da Cultura acollerá a finais de xullo o PreMICA Europa, que se estruturará en roldas de negocio, conferencias e exhibicións artísticas a cargo de profesionais de Galicia a Arxentina, As empresas galegas do audiovisual, a edición, a escena, o deseño, a música e os videoxogos están convidadas a participar, co apoio institucional da Agadic,... Máis información
- A Xunta e a Fiscalía Superior renovan o protocolo de colaboración contra a trata de mulleres con fins de explotación sexual en Galicia 30.03.2012 audio A titular de Igualdade e o fiscal superior de Galicia asinaron este mércores a renovación do protocolo acordado en 2010, para adecualo ás últimas modificacións lexislativas e outorgar permanencia á colaboración. O obxectivo é asegurar unha actuación conxunta para favorecer a denuncia das vítimas, aplicando as garantías e os beneficios legais. As... Máis información
- Un lucense lidera un programa educativo para presos arxentinos 29.03.2012 audio Jesús Meilán, de Mós, funda unha ONG para educar en prisións. Nestes últimos anos unha decena de alumnos logrou rematar os seus estudos universitarios e outros moitos comprenderon que hai vida despois do cárcere. Jesús Meilán Gallego (San Xiao de Mos -Castro de Rei- 1956) tomou conciencia dende a súa máis tenra infancia dos... Máis información
- A Xunta publica no DOG unha convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior 27.03.2012 audio Están destinadas ás organizacións non gobernamentais e agrupacións de entidades e contan cun orzamento de 300.000 euros. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica na edición do Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe as bases reguladoras da concesión de subvencións para a execución de proxectos de acción humanitaria... Máis información
- A Xunta de Galicia organiza o curso ‘O galego campa: ferramentas e propostas para a dinamización da lingua galega na mocidade’ 27.03.2012 audio A iniciativa, desenvolvida polas Consellerías de Cultura e Educación e Traballo e Benestar, vai destinada ao monitorado dos campamentos de verán e á mocidade en xeral. Xa está aberta a inscrición neste curso gratuíto de formación específica en dinamización lingüística no ámbito da xuventude, que terá lugar na fin de semana do 31 de marzo ao 1 de... Máis información
- A Xunta sufragará a asistencia básica a emigrantes galegos e galegas en Río de Xaneiro 25.03.2012 audio O secretario xeral da Emigración vén de asinar un convenio para asistencia a necesidades básicas da colectividade galega na cidade brasileira. Santiago Camba tamén rubricou outro acordo para axudar á reforma da Casa de Espanha, en boa parte derrubada por chuvias torrenciais. Camba recibiu en Sao Paulo o premio Marcial Mariñas, un dos galardóns... Máis información
- Cultura e Educación impulsa a dinamización do galego no ámbito das festas populares a través da campaña ‘Mil festas máis para a lingua galega’ 25.03.2012 audio A Secretaría xeral de Política Lingüística promove, en colaboración coa xunto coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, esta iniciativa de dinamización social da lingua galega a través das festas patrimoniais. As ‘Mil festas máis para a lingua galega’ contan xa coas adhesións da RAG, a CRTVG e de máis de 30 concellos de... Máis información
- O Centro Galego de LLeida celebrou a súa tradicional "calçotada" 24.03.2012 audio O pasado Domingo 18 de marzo, na Ermida de Grenyana, esta asociación cultural galega celebrou a tradicional calçotada, que deu comezo ás 8:00 h. e finalizou ás 18:00 h. A xornada foi moi completa, e as persoas asistentes ademais estiveron acompañadas polo Alcalde de Lleida, D. Ángel Ros i Domingo e tamén polas e os concelleiros Dolors Arderiu... Máis información
- Camba asina en Brasil acordos con entidades da diáspora para necesidades asistenciais básicas ás e aos emigrantes galegos 23.03.2012 audio O secretario xeral da Emigración visita Santos, Sâo Paulo, e Río de Xaneiro para coñecer as necesidades da ampla colonia galega residente nese estado brasileiro. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, vén de asinar un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro –... Máis información
- Ramón Villares, avoga en Bos Aires por «reforzar» a marca do país 23.03.2012 audio Asegura que a cultura galega xogou e xoga na emigración un papel moi importante. O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, visitou Bos Aires para participar en varios actos, dentro dunha xira que tamén o levará a outras cidades de importancia histórica para a emigración galega, como son Montevideo e São Paulo. Segundo Villares a... Máis información
Páxinas |









