Cultura e Educación impulsa a dinamización do galego no ámbito das festas populares a través da campaña ‘Mil festas máis para a lingua galega’

A Secretaría xeral de Política Lingüística promove, en colaboración coa xunto coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, esta iniciativa de dinamización social da lingua galega a través das festas patrimoniais.

As ‘Mil festas máis para a lingua galega’ contan xa coas adhesións da RAG, a CRTVG e de máis de 30 concellos de Galicia.

Institucións e entidades culturais, organizacións sindicais, artistas e intelectuais tamén se teñen adherido a esta iniciativa para ampliar os espazos de uso do noso idioma.

  • 'Mil festas máis para a lingua galega'.
    "Mil festas máis para a lingua galega".
  • O secretario xeral de Política Lingüística, na presentación da campaña 'Mil festas máis para a lingua galega'.
    O secretario xeral de Política Lingüística, na presentación da campaña "Mil festas máis para a lingua galega".
  • O secretario xeral de Política Lingüística, na presentación da campaña 'Mil festas máis para a lingua galega'.
    O secretario xeral de Política Lingüística, na presentación da campaña "Mil festas máis para a lingua galega".
Listen to this page using ReadSpeaker

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística presentaron no serán do pasado xoves na Cidade da Cultura de Galicia “Mil destas máis para a lingua galega”, unha nova campaña para o fomento do uso da nosa lingua nas festas patrimoniais de Galicia, no marco da aposta do departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad pola dinamización e pola ampliación dos espazos de uso do galego.

Na súa intervención, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que “esta proposta de ampliación do uso do idioma buscar incidir nun dos espazos que tradicionalmente son os máis proclives á socialización para moitos galegas e galegos, nos máis de sete milleiros de eventos festivos que se celebran en Galicia durante o ano”. García tamén explicou que “a publicidade, os pregóns, a liturxia relixiosa, os programas de entretemento, a música, os espectáculos e a incorporación de elementos patrimoniais son algúns dos obxectivos desta campaña pedagóxica que pretende animar aos concellos, ás comisións de festas, ás asociacións de todo tipo e aos axentes artísticos a recuperar estes escenarios lúdicos para facer máis presente o que sen dúbida é o elemento que caracteriza a nosa principal singularidade como pobo: a lingua galega”.

De xeito complementario e buscando a permanencia da campaña, elaborouse un manifesto que se distribuíu entre os asistentes e que xa circula pola rede http://www.galeguizargalicia.com/archivos_editor/file/Manifesto.pdf.

A el adheríronse entidades de todo tipo, como a Real Academia Galega, a CRTVG ou a Universidade de Vigo; as principais forzas sindicais galegas; Radiofusión; asociacións como Adega, Xermolos, entre outras, e máis de 30 concellos.

Convocatoria de axentes culturais
O secretario xeral de Política Lingüística estivo hoxe acompañado por Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Manuel González González, secretario da Real Academia Galega; e por Carlos Varela, fiscal superior de Galicia. O acto contou ademais coa presentación de Xosé Manuel Piñeiro (Súper Piñeiro) e Iolanda Vázquez, e coa actuación do Orfeón "Cantigas e Agarimos".

Así mesmo, estiveron presentes no acto axentes dos distintos ámbitos da vida sociocultural do país, dado que a campaña está especialmente deseñada para un sector tan específico como é o da produción e organización de festexos, moi importante á hora de divulgar accións efectivas para a poboación dirixidas aos ámbitos do lecer e do entretemento, consonte o estipulado no Plan xeral de normalización da lingua galega (2004).

Homenaxe a Prudencio Romo no 85º aniversario do seu nacemento
Co gallo da presentación da campaña “Mil festas máis para a lingua galega” tamén se celebrou unha homenaxe ao músico Prudencio Romo, director artístico do histórico grupo Los Tamara, coa proxección dun pequeno documental que se pretende que divulguen as orquestras de Galicia durante as súas actuacións nas verbenas.

A este acto asistiron tamén familiares do memorable músico, aos que se lles fixo entrega do devandito documental; así como os ex-compoñentes dos Tamara Tocho e Paisal.

1087 lecturas