Novas
Buscador
- Galicia toma Bos Aires este domingo 12.09.2014 audio Máis de mil persoas da diáspora participará nun evento que converterá á comunidade e ao Camiño de Santiago no epicentro da actividade social e cultural da capital pratense. Bos Aires disfrázase de Galicia o próximo 14 de setembro. Ese día, celébrase a iniciativa «Bos Aires celebra Galicia»: a Avenida de Maio e as rúas e prazas adxacentes... Máis información
- Xesús Vázquez Abad recibe na Cidade da Cultura o alumnado do colexio Santiago Apóstol de Bos Aires que se atopa de viaxe de estudos en Galicia 12.09.2014 audio Inaugurado no ano 1998, o colexio foi creado conxuntamente pola Xunta de Galicia e polo Centro Galicia de Bos Aires, por medio da Fundación Galicia-América, co propósito de desenvolver un programa educativo bicultural. A Consellería de Cultura e Educación impulsa por diversas vías a aprendizaxe da lingua galega fóra de Galicia. O conselleiro de... Máis información
- Rodríguez Miranda realizou unha entrañable visita á Escola Galicia de Montevideo 11.09.2014 audio Entregou diverso material didáctico e equipamento deportivo doado pola Administración galega. A partir de agora o centro educativo contará cun cartel co seu nome realizado en pedra ao xeito tradicional por canteiros da provincia de Pontevedra. Miranda destacou que Galicia nunca esquecerá o que Uruguai fixo polos seus emigrantes nin aos seus... Máis información
- Miranda reuniuse con mozos galegos no Complexo Deportivo do Centro Galego de Montevideo e viaxou ata o Centro Español de Maldonado 11.09.2014 audio A visita do secretario xeral dá Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tivo o seu punto máximo no Senado e na Escola Galicia, pero o dirixente da Xunta tamén tivo tempo para reunirse con mozos galegos no Complexo Deportivo do Centro Galego de Montevideo e viaxar ata o Centro Español de Maldonado, dirixido polo fillo de galegos, Javier Carballal... Máis información
- Millóns de residentes na capital Arxentina poderán coñecer a nosa terra, e o Camiño de Santiago, grazas a ‘Buenos Aires Celebra Galicia’, que terá lugar o vindeiro 14 de setembro 11.09.2014 audio Máis de mil persoas pertencentes ás comunidades galegas naquel país participan na organización dun evento que converterá Galicia, e o Camiño de Santiago, nos epicentros da actividade social e cultural da capital pratense, co apoio da Xunta trala invitación do Goberno da Cidade. A Xunta súmase á iniciativa levando por vez primeira ao outro lado do... Máis información
- A exposición pictórica "Recantos de Galicia" de Eduardo Casal Barreiro estará ata o 28 na Delegación da Xunta en Madrid 10.09.2014 audio O artista pontevedrés que retornou á súa terra despois de máis de tres décadas, ofrece na Casa paisaxes rurais, ríos, bosques, mariñas e cidades de rúas empedradas... A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta tarde a inauguración da mostra pictórica Recantos de Galicia de Eduardo Casal Barreiro, emigrante retornado de Uruguai... Máis información
- A Cámara de Representantes e mailo Senado de Uruguai homenaxean ao Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo en funcionamento 09.09.2014 audio Tamén a Administración Nacional de Correos da República, cun mataselos conmemorativo, e maila Xunta Departamental da capital, cunha sesión monográfica, renden recoñecemento ao 135 aniversario desta comunidade. Galicia está representada nos actos oficiais polo secretario xeral da Emigración. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Feijóo trasládalle a Juan Carlos Varela o interese da Comunidade para dar continuidade ás oportunidades económicas e industriais que ofrecen Galicia e Panamá 08.09.2014 audio O titular da Xunta agradece ao gobernante panameño que incluíse a Comunidade galega na súa primeira viaxe institucional que realiza a Europa, logo de ser elixido presidente da República o pasado mes de maio. O presidente da Xunta incide en que o Goberno autonómico ten en Panamá un destino prioritario dentro da súa axenda internacional co obxectivo... Máis información
- A Xunta acorda unha alianza empresarial entre o estado brasileiro de Pernambuco e Galicia para impulsar os intercambios comerciais 07.09.2014 audio O director xeral do Igape, Javier Aguilera, pechou a súa viaxe a Brasil impulsando un acordo coa Axencia de Desenvolvemento Económico de Pernambuco para promover relacións comerciais entre empresas do naval, TIC, auxiliar da automoción e enerxías renovables de ambos lados do Atlántico. Este protocolo súmase ao impulsado o pasado martes co Goberno... Máis información
- A Xunta busca oportunidades de negocio para as empresas galegas en Porto Suape, a locomotora industrial de Pernambuco 05.09.2014 audio O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou o complexo portuario e abordou co director das instalacións, Silvio Leiming, as posibilidades de negocio e cooperación para compañías galegas. Analizaron as posibilidades de alianza empresarial en diferentes sectores, entre eles o naval, ao abeiro do protocolo de colaboración que se prevé... Máis información
Páxinas |








