Galicia toma Bos Aires este domingo
Máis de mil persoas da diáspora participará nun evento que converterá á comunidade e ao Camiño de Santiago no epicentro da actividade social e cultural da capital pratense.
Bos Aires disfrázase de Galicia o próximo 14 de setembro. Ese día, celébrase a iniciativa «Bos Aires celebra Galicia»: a Avenida de Maio e as rúas e prazas adxacentes acollerán durante toda a xornada diversas actividades artísticas e plásticas centradas en Galicia, para dar unha imaxe moderna afondar na cultura tradicional. Varios grupos de música e teatro, todos eles relacionados coa diáspora, ofrecerán espectáculos na rúa para todas as idades. Para iso, unhas 500 entidades galegas de Arxentina xa confirmaron a súa participación. Pero tamén o fixeron os galegos doutros países próximos, como Chile ou Uruguai. Un variado programa La xornada comeza cunha procesión en honor ao Apóstolo, dende a catedral metropolitana ata a Avenida de maio. A continuación, un recordo ao Camiño, con múltiples accións didácticas e lúdicas. Neste punto, terá lugar un dos actos máis destacados, a entrada das Compostelas aos mozos participantes na actividade «Conecta con Galicia» da secretaría xeral de Emigración. É a segunda ocasión que estas credenciais se entregan fóra de Galicia, despois de que xa se fixese o pasado ano en Bos Aires. Destaca tamén a exposición do primeiro coche realizado integramente en Arxentina, que aínda funciona e que fabricou entre 1903 e 1907 Manuel Iglesias, un galego na localidade de Campana. E tambiuén será unha xornada de récord: os participantes intentarán organizar a muiñeira con máis participantes do mundo, cunha das cancións tradicionais máis populares dentro e fóra de Galicia: A Rianxeira. E como colofón, o concerto dunha das artistas galegas con máis renome: a gaiteira Susana Seivane pechará unha xornada máxica, xunto cun un espectáculo de luz mágia e xogos do Bruxo Queiman.
Fonte: GlobalGalicia
Novas relacionadas




