Miranda compartiu o Día Nacional coas comunidades galegas de Zaragoza, Barakaldo e Tres Cantos

Na celebración do Día Nacional, na Praza do Pilar, viviuse unha nova e exitosa cita conxunta das colectividades galegas.

  • Na imaxe, Miranda co presidente do Centro Galego de Zaragoza, José Luis Vázquez Rouco ante a imaxe procesional da Virxe do Pilar
    Na imaxe, Miranda co presidente do Centro Galego de Zaragoza, José Luis Vázquez Rouco ante a imaxe procesional da Virxe do Pilar
  • Na foto, o secretario xeral da Emigración con membros da Galeguidade ante a basílica do Pilar
    Na foto, o secretario xeral da Emigración con membros da Galeguidade ante a basílica do Pilar
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na celebración conxunta de tres colectividades galegas en Zaragoza, co gallo do Día Nacional. Convidados polo Centro Galego da capital aragonesa, formaron tamén parte do evento o Centro Galego de Biscaia en Barakaldo e o Centro Galego de Tres Cantos (Madrid), que desprazaron aos seus propios grupos de música e danza.

Centos de socias e socios destas colectividades desfilaron polas rúas máis céntricas da capital autonómica, e exhibiron a música, cultura e tradicións galegas ante a veciñanza da localidade e milleiros de turistas, nunha celebración que supón un novo fito no amplo abano de actividades conxuntas que os centros galegos desenvolven en toda España, e que proba a capacidade de irmandamento de toda a Galeguidade.

A celebración, ademais de servir de punto de encontro entre estes colectivos, serviu para afianzar a presenza na vida social da capital maña do Centro Galego de Zaragoza, que desde o ano 1958 é un referente para a comunidade galega de todo Aragón. O evento, do que foron protagonistas as e os propios integrantes das agrupacións musicais e folclóricas dos tres centros, concluíu coa actuación do Bruxo Queiman.

1023 lecturas