Novas
Buscador
- Ampliado o prazo de solicitude do programa Conecta con Galicia 2015 02.03.2015 audio O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución pola que se amplía ata o 13 de marzo (inclusive) o prazo de solicitude do programa “Conecta con Galicia”, actividades de Aire Libre e Campos de Traballo. Este programa está dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas que residan no exterior e, nesta... Máis información
- Emigración destina medio millón de euros a apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos das comunidades galegas no exterior 01.03.2015 audio O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de marzo. Coa finalidade de atender o máximo número posible de solicitudes, a contía da subvención por proxecto non poderá superar os 30.000 ou 12.000 euros, segundo o programa ao que pretenda acollerse. Estas axudas son compatibles e complementarias coas que Emigración ten xa convocado para... Máis información
- Publicada a convocatoria de obradoiros e seminarios de Emigración en colaboración coas comunidades galegas para 2015 27.02.2015 audio Por demanda das propias entidades, consolídase a especialidade de cultura galega. Ademais desta disciplina, impartiranse nas comunidades galegas do Exterior durante este ano, coa axuda da Xunta, accións formativas en baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, artesanía, cociña galega, e artesanía (encaixe de palillos e confección de traxe... Máis información
- Miranda visita a colectividade galega de Cataluña e comparte a súa celebración do Entroido 21.02.2015 audio O secretario xeral da Emigración estará en Rubí, Santa Coloma de Gramenet, e L´Hospitalet de Llobregat. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visita este sábado as sedes de Rubí e Santa Coloma de Gramenet, da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña. En ambas instalacións terá ocasión de coñecer parte das amplas... Máis información
- Miranda asiste á entrega do IX Premio ‘Victoriano Reinoso’, que organiza AEGAMA, a Elvira Rodríguez 20.02.2015 audio Permanente defensora de Galicia, a galardoada foi a primeira muller interventora do Estado, e tamén a primeira á que se lle outorga esta distinción. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na entrega do IX Premio Victoriano Reinoso, que organiza AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid), e que na edición... Máis información
- Miranda visitou o Lar Galego de Avilés, onde coñeceu os plans de futuro da nova directiva 19.02.2015 audio A pretensión da entidade é ampliar o número de persoas asociadas atraendo á mocidade e aproveitando a situación xeográfica privilexiada do centro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, coñeceu as instalacións do Lar Galego de Avilés, situado nunha das zonas máis céntricas e emblemáticas da cidade asturiana. Alí reuniuse... Máis información
- O secretario xeral da Emigración, no programa "A entrevista da semana" da Cadena Cope 18.02.2015 audio Audio coa intervención de Antonio Rodríguez Miranda no programa radiofónico. O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, foi entrevistado esta mañá no programa do circuito autonómico da Cadena Cope "A entrevista da semana", que conduce Alberto Varela. Audio coa entrevista a Miranda Máis información
- Feijóo constata o interese do presidente de Colombia nas capacidades do naval, da automoción e da aplicación das TIC na sanidade e na educación galega 18.02.2015 audio O titular da Xunta finaliza a súa viaxe institucional cunha reunión con Juan Manuel Santos Calderón. Destaca o interese da Empresa Colombiana de Petróleos e da Mariña por coñecer a capacidade instalada na Comunidade galega para a construción de barcos en ambos eidos. No sector da automoción, salienta a disposición de establecer mecanismos de... Máis información
- Feijóo busca novas oportunidades en Colombia en sectores como a automoción, as TIC, a conserva e o téxtil logo de incrementar case un 50% as exportacións a este país nos últimos tres anos 17.02.2015 audio O titular da Xunta inicia a súa visita a Colombia cun encontro empresarial, no que participaron o clúster da automoción, do sector agroalimentario, das TIC e da conserva. Incide en que Colombia é a cuarta economía de América Latina e un dos países prioritarios para as exportacións galegas e avoga por seguir “incentivando e promocionando este país... Máis información
- As solicitudes para as axudas asistenciais extraordinarias a emigrantes galegas e galegos retornados poderán presentarse ata o 30 de setembro 16.02.2015 audio Emigración resolve cada petición individualmente, de maneira que as e os beneficiarios non teñen que agardar ao final da convocatoria para percibiren a axuda. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegas e galegos retornados, e se... Máis información
Páxinas |







