Novas
Buscador
- Miranda renova en Cuba o compromiso de Galicia e o seu goberno coas segundas xeracións de galegas e galegos na illa 22.02.2016 audio O secretario xeral da Emigración participou en encontros de traballo na Habana, onde lembrou as axudas individuais que o seu departamento convoca para galegas e galegos da diáspora en situacións de vulnerabilidade. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, rematou o sábado a súa viaxe a Cuba, durante a que mantivo un novo... Máis información
- Rodríguez Miranda gaba os esforzos en favor de Galicia das e dos membros da Orde da Vieira, e ínstaos a seguir traballando polo progreso da súa terra de orixe 21.02.2016 audio O secretario xeral da Emigración foi o encargado de apadriñar ao seu homólogo de Política Lingüística como novo cabaleiro da Orde da Vieira, e de entregar os ‘Premios Galeguidade 2016’ na 49ª edición do Capítulo Xeral desta influente asociación. Miranda salientou a relevancia das persoas vinculadas á Orde nos ámbitos académico, empresarial,... Máis información
- O secretario xeral da Emigración presidiu na Habana a presentación do libro de Felipe Cid 'Gallegos de Cuba de dos o más generaciones' 20.02.2016 audio As ligazóns persoais, familiares, íntimas, son precisamente o fío condutor do libro Gallegos de Cuba de dos o más generaciones, de Felipe Cid, recentemente publicado pola editorial Sotelo Blanco, e cuxa presentación oficial presidiu Rodríguez Miranda no palacio do Centro Galego da Habana. O mandatario autonómico en materia de Emigración... Máis información
- A terceira edición do ‘Buenos Aires Celebra Galicia’ coincidirá coa feira do libro dedicada a Santiago de Compostela 15.02.2016 audio Así llo confirmaron as novas autoridades da Cidade de Bos Aires ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. A capital arxentina acollerá o vindeiro 23 de abril ambos eventos –se ben a Feira prolóngase desde o 21 de abril ata o 9 de maio-, distintos pero complementarios, nos que as comunidades galegas residentes alí serán as... Máis información
- Aberto o prazo de solicitudes para a inscrición en ‘Escolas Abertas’, o programa de Emigración que espalla Galicia por todo o mundo 12.02.2016 audio Milleiros de galegas e galegos no mundo benefícianse, a través das e dos 800 alumnos que teñen pasado polas distintas edicións do programa, da actualización de coñecementos e experiencias en distintas disciplinas relacionadas coa cultura galega. Noventa cidadás e cidadáns residentes no exterior accederán a formación especializada en gaita, baile,... Máis información
- Aberto o prazo de solicitudes para o programa ‘Conecta con Galicia’ de Emigración, que posibilita a convivencia de 196 descendentes de persoas galegas con mozos e mozas residentes na Comunidade 11.02.2016 audio Mediante este programa, a mocidade da diáspora coñece a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen. Mercé ao elevado uso das redes sociais entre a xuventude, esta realidade, vivida en primeira persoa como unha experiencia única, espállase en tempo real entre a mocidade dos países nos que se... Máis información
- Miranda asistiu en Uruguai á homenaxe a Castelao da colectividade galega 11.02.2016 audio O secretario xeral da Emigración visitou a socios e socias e instalacións da asociación ‘Alma Gallega’, e do Centro Galego de Montevideo, e reuniuse cos presidentes de entidades trala homenaxe ao egrexio galeguista. Tamén se entrevistou cos pais e nais do alumnado da Escola Galicia, e mantivo unha xuntanza co embaixador español no Uruguai.... Máis información
- Conclúe con grande éxito a Semana Cultural 2016 do Centro Galego de Lleida 09.02.2016 audio Unha conferencia, mostra de manualidades, un obradoiro para as e os máis cativos, a presentación do nº 29 da revista da entidade, a asemblea xeral ordinaria, unha degustación culinaria e o Xantar de Irmandade foron os actos máis destacados desta xa tradicional cita organizada pola entidade galega da cidade ilerdense. O luns 1 de febreiro ás 19,00... Máis información
- Emigración amplía ata o 22 de febreiro o prazo para presentar as solicitudes das axudas económicas individuais e para comunidades galegas 05.02.2016 audio Tres resolucións publicadas hoxe no DOG establecen esta ampliación, que ten por obxectivo facilitar a presentación de solicitudes no período estival que viven arestora países cun amplo número de galegas e galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asina cadansúa resolución que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia,... Máis información
- Vídeo do Bos Aires Celebra Galicia 2015 04.02.2016 audio Vídeo do Bos Aires Celebra Galicia que tivo lugar na capital arxentina o 10 de outubro de 2015. Máis información
Páxinas |








