O secretario xeral da Emigración presidiu na Habana a presentación do libro de Felipe Cid 'Gallegos de Cuba de dos o más generaciones'
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2016.
As ligazóns persoais, familiares, íntimas, son precisamente o fío condutor do libro Gallegos de Cuba de dos o más generaciones, de Felipe Cid, recentemente publicado pola editorial Sotelo Blanco, e cuxa presentación oficial presidiu Rodríguez Miranda no palacio do Centro Galego da Habana.
O mandatario autonómico en materia de Emigración salientou que “Felipe Cid tense convertido nun referente inesquecible nesa intensa relación entre Cuba e Galicia, exemplificando e poñendo en escena a íntima unión entre os seus pobos. Un autor que soubo constatar e documentar, tal e como o título da obra sinala, que a unión entre Cuba e Galicia é hoxe interxeracional”.
Novas relacionadas