Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
Mantivo unha reunión co vicegobernador do estado de São Paulo para afianzar os contactos institucionais.
Durante os próximos días manterá encontros de traballo con outras institucións e empresas.
Reunirase tamén cos emigrantes galegos de São Paulo, Rio de Janeiro e Santos.
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, iniciou hoxe unha viaxe a Brasil co obxectivo de potenciar as relacións comerciais entre Galicia e o país sudamericano, así como de reforzar os lazos coa colectividade galega que reside alí.
Esta mesma mañá mantivo unha reunión co vicegobernador do estado de São Paulo co obxectivo de afianzar os contactos entre ambas institucións.
Ademais, ao longo dos próximos días, Rueda, e acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, manterá encontros con empresas e institucións brasileiras e galegas, coa vista posta en intensificar a presenza da comunidade nese país e de trasladar a posibles investidores brasileiros as vantaxes que ofrece Galicia. Cómpre recordar que Brasil é o país máis grande de América do Sur e unha das economías máis potentes do mundo.
Durante estas xornadas, o presidente da Xunta tamén aproveitará para manter encontros cos emigrantes galegos que residen en São Paulo, Rio de Janeiro e Santos para coñecer de primeira man as súas demandas e necesidades. Ademais, trasladaralles o apoio firme da Xunta e a ambiciosa política de retorno do Goberno galego, con medidas para favorecer o regreso de todos aqueles que así o queiran. En Brasil residen uns 50.000 galegos, o que o converte no segundo país do mundo con maior poboación orixinaria da nosa comunidade.
Novas relacionadas



