Rueda aposta por intensificar a presenza de empresas galegas en Brasil e anima ás industrias do país sudamericano a investir na comunidade
O presidente da Xunta mantivo un xantar de traballo con representantes de empresas e institucións en São Paulo.
Destaca que Brasil, unha das economías máis importantes do mundo, é un mercado estratéxico, con máis de 200 millóns de habitantes.
Marca como obxectivo incrementar as relacións mutuas, especialmente en sectores nos que Galicia é referente como o pesqueiro, o naval, a biotecnoloxía ou as renovables.
Pon en valor que a comunidade é un territorio atractivo para investir, grazas a medidas de apoio como a Oficina Económica, a desburocratización ou incentivos como o solo industrial gratuíto os primeiros 8 anos.
Rueda tamén se reuniu coa Federación das industrias do Estado de São Paulo e visitará a planta dun dos principais produtores de aceiro en América do Sur, a multinacional Gerdau, que conta coa empresa de enxeñería de orixe galego Russula como socio estratéxico para a modernización das súas plantas siderúrxicas dende hai 25 anos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por intensificar a presenza de empresas galegas en Brasil, onde xa están asentadas varias industrias de referencia da comunidade autónoma, e convidou tamén a posibles investidores do país sudamericano a implantarse en Galicia.
Así o sinalou este mediodía nun encontro en São Paulo con representantes de empresas e institucións españolas, galegas e brasileiras, no que estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Alí valorou que Brasil é un mercado estratéxico, sendo como é o país máis grande de América do Sur, cunha poboación de máis de 200 millóns de persoas, e unha das economías máis importantes do mundo.
Rueda considerou que Galicia e Brasil xa teñen unha boa base desde a que construír unhas relacións comerciais exitosas. Así, entre outros elementos que contribúen a isto, citou a proximidade da lingua, que permite a comprensión mutua; a extensa comunidade de galegos que reside no país; e unhas relacións comerciais que se veñen mantendo estables nos últimos anos. De feito, en 2023 Galicia exportou a Brasil por valor de case 85 millóns de euros e conta con 183 empresas exportadoras activas a este país.
Con todo, considerou que é posible aumentar estas relacións, nomeadamente en sectores nos que Galicia é referente como o pesqueiro, o naval, a biotecnoloxía, o aeroespacial ou as enerxías renovables.
Durante a súa intervención, o presidente galego tamén convidou a posibles investidores brasileiros a establecerse en Galicia. Neste sentido, puxo en valor a situación xeográfica privilexiada da comunidade, que supón unha porta de acceso directo ao mercado ibérico– España e Portugal – e, por extensión natural , o resto do continente europeo); así como a súa ampla dispoñibilidade de enerxía renovable e a súa estabilidade.
Tamén citou algunhas das medidas que está implantando o Goberno galego para favorecer o asentamento de proxectos viables na comunidade. Entre outras, recordou que está operativa a Oficina Económica de Galicia, que presta asesoramento e apoio ás ideas durante todo o proceso; a desburocratización e axilización, con redución de prazos á metade e compromiso de contar con todos os permisos antes dun ano para os proxectos de máis envergadura; e os incentivos existentes, como o financiamento ou o solo industrial gratuíto para os primeiros 8 anos.
Reunión coa Federación de Industrias e visita á empresa Russula
Previamente a este xantar con empresarios e institucións, o presidente da Xunta reuniuse coa Federación de Industrias do Estado de São Paulo (FIESP), a maior asociación comercial da industria brasileira que representa ao redor de 130.000 empresas de diferentes tamaños e sectores.
Posteriormente, durante esta tarde achegarase a visitar a planta dun dos principais produtores de aceiro en América do Sur, a multinacional GERDAU, que conta coa empresa de enxeñería de orixe galego Russula como socio estratéxico para a modernización das súas plantas siderúrxicas desde hai 25 anos. Russula constitúe un bo exemplo da cooperación empresarial entre Galicia e o país sudamericano.
Novas relacionadas