Novas
Buscador
- A Xunta destaca o éxito das Feiras de Emprego da Arxentina e o Uruguai con máis de 3.500 asistentes que puideron coñecer oportunidades de retorno a Galicia 07.04.2025 audio O Consello analizou un informe sobre estas citas celebradas en marzo nas que participaron cinco clusteres e unha vintena de empresas e que están dando os seus primeiros froitos con preto de 30 persoas contratadas e 250 en procesos selectivos . Trátase dunha iniciativa vinculada ao programa Retorna Cualifica Emprego, incluído na Estratexia Galicia... Máis información
- Miranda mantén unha reunión de traballo co responsable da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU) para planificar a coloboración de cara aos próximos meses 04.04.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU), Celso Domínguez Búa, para planificar a colaboración da Xunta con esta entidade de cara a este ano. Este espazo ofrece un servizo de información e asesoramento en Caldas de Reis aos... Máis información
- Rueda salienta o papel do Centro Galego de Santander como embaixador da cultura galega en Cantabria 03.04.2025 audio O presidente visitou o centro para celebrar o 90º aniversario da entidade e reafirmou o apoio da Xunta aos centros galegos no mundo. Destaca o compromiso da Xunta coa emigración e co mantemento dos centros galegos como piares fundamentais de apoio á diáspora. O centro conta con centos de socios, máis da metade de orixe galega, e unha biblioteca... Máis información
- Galicia reclama no Consello da Cidadanía Española no Exterior máis compromiso co retorno e protesta por pretender silenciar ás comunidades autónomas 03.04.2025 audio O secretario xeral da emigración, Antonio Rodríguez Miranda reclama unha lei de nacionalidade que establezca condicións de acceso que permita un acceso permanente e ordenado, así como o reforzo dos consulados para evitar os colapsos actuais. Galicia protesta en Madrid contra o “silenciamento inaceptable” das comunidades autónomas no Consello Xeral... Máis información
- López Campos destaca os obradoiros de emprendemento como “unha gran ferramenta” para a mocidade 03.04.2025 audio O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, acompañado polo secretario xeral de Emprego e a directora xeral de Xuventude, visitou unha sesión cun grupo de mozos. Estes participantes están a recibir esta formación específica como un dos premios por obter o recoñecemento aos seus proxectos no ‘Xuventude Crea 2024’. Destaca a “aposta desta última... Máis información
- A Xunta consolida o seu apoio aos emprendedores retornados cunha nova convocatoria do programa de mentoría Merlo da que se beneficiarán 90 persoas 31.03.2025 audio A iniciativa, que chega á súa quinta edición e cuxo prazo de inscrición abre hoxe, busca acompañar a este colectivo para o éxito dos seus negocios en Galicia, incluíndo asesoramento en áreas como a comunicación, a administración ou as finanzas. Merlo complementa as axudas económicas que ofrece o Programa Retorno Emprendedor, cun orzamento dun... Máis información
- Aberto o prazo para que os galegos do exterior soliciten formarse en Galicia a través de Retorna Talento FP, que incrementa un 40% as súas prazas 29.03.2025 audio Hai un total de 150 bolsas, de 4.000 e 12.000€, para que cursen certificados de profesionais e ciclos de FP Dual Intensiva. O prazo de solicitudes estará aberto desde o 28 de marzo ao 28 de abril na modalidadeA, e do 28 de marzo ao 27 de maio na B. A Xunta vén de abrir o prazo para que os galegos do exterior poidan volver á súa terra de orixe... Máis información
- A Xunta participa nun foro con empresarios galegos en México para expoñer oportunidades de retorno e investimento en Galicia 29.03.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou o potencial que representa o retorno para Galicia desde o punto de vista económico e empresarial e detalláronse as diferentes medidas orientadas a facilitar o emprendemento e a actividade profesional dos retornados. O director de Turismo de Galicia salientou as boas cifras do... Máis información
- A Xunta informa ante un cento de persoas en México das oportunidades de retorno a Galicia 28.03.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou na súa intervención as bolsas BEME, as de Talento FP e o programa Retorna Cualifica Emprego. O director de Turismo de Galicia salientou as oportunidades profesionais que ofrecen os estudos do Centro Superior de Hostalería de Galicia e os altos índices de inserción laboral en... Máis información
- A Xunta mantén un encontro na Embaixada de España para reforzar a colaboración institucional en apoio aos galegos en México 27.03.2025 audio Trátase da primeira xuntanza da viaxe institucional do secretario xeral da Emigración e o director de Turismo de Galicia a México que inclúe reunións coa colectividade galega e con empresarios galegos neste país. Realizarán sesións informativas sobre a estratexia Galicia Retorna e as bolsas de estudos do Centro Superior de Hostalería de Galicia... Máis información
Páxinas |









