Miranda: “A cultura é unha ponte poderosa para conectar á mocidade galega do exterior coas súas raíces”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acudiu xunto co director da Agadic, Jacobo Sutil, a un pase especial dirixido aos participantes de Escolas Abertas da obra “Costa da Morte, cartografía dun naufraxio”, en O Grove.

  • Miranda: “A cultura é unha ponte poderosa para conectar á mocidade galega do exterior coas súas raíces”

Listen to this page using ReadSpeaker
O Grove (Pontevedra), 10 de xullo de 2025.

A antiga salgadeira de Punta Moreiras, no Grove, acolleu un pase especial da obra “Costa da Morte, cartografía dun naufraxio”, dirixido ao alumnado participante no programa Escolas Abertas. O acto contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen destacou a importancia de iniciativas como esta para reforzar o vínculo emocional, cultural e identitario da mocidade galega do exterior coa súa terra de orixe.

A actividade contou tamén coa asistencia do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, quen puxo en valor a colaboración institucional para achegar as artes escénicas a espazos singulares e públicos diversos.

A obra, interpretada por Mariña Lestón, ofreceu unha posta en escea íntima e conmovedora baseada en historias reais de naufraxios, salvamentos e tradición oral da Costa da Morte. A través do teatro e da música, os participantes tiveron a oportunidade de conectar co patrimonio inmaterial galego e de dialogar arredor das súas raíces e vivencias no coloquio posterior.

460 lecturas