Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir

O presidente da Xunta de Galicia participou esta noite en Barcelona na vixésima edición da Cea de Empresarios Galegos de Cataluña, organizada pola asociación AEGA-CAT.

Apela á cooperación entre territorios e reivindica a marca Galicia como sinónimo de calidade, identidade e ambición global.

Galicia supera por primeira vez os 31.000 millóns de euros en exportacións e avanza cara á nova Estratexia de Internacionalización 2026-2030.

  • Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir
    Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir
  • Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir
    Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir
  • Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir
    Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir
  • Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir
    Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir
Listen to this page using ReadSpeaker
Barcelona (Cataluña), 11 de xullo de 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta noite na vixésima edición da Cea de Empresarios Galegos de Cataluña, organizada pola asociación AEGA-CAT, onde puxo en valor a contribución da colectividade galega que reside fóra da comunidade como un dos activos máis valiosos para construír unha Galicia máis aberta, competitiva e internacionalizada.

Durante o evento, celebrado en Barcelona, o titular do Goberno galego trasladou o seu recoñecemento á organización polo seu labor, así como aos galegos e galegas premiados nesta edición, cuxas traxectorias son, segundo destacou, exemplo da calidade, o esforzo e a creatividade que identifican a marca Galicia no mundo.

Rueda subliñou que os galardóns entregados, a vixésima edición dos Títulos de Excelencia Galega, representan nunha Galicia viva, con capacidade para proxectarse e liderar fóra das súas fronteiras. Neste senso, destacou o xeito galego de traballar como exemplo de desenvolvemento baseado na autenticidade, no impacto positivo e na procura da excelencia.

O titular do Goberno galego tamén puxo de relevo o papel de AEGA-CAT como ponte entre Galicia e Cataluña, non só en termos humanos, senón tamén empresariais, culturais e sociais. Insistiu en que Galicia non é só lembranza do pasado, senón forza de futuro, e que a cooperación cos galegos que están fóra é fundamental para avanzar cara unha comunidade máis global e ambiciosa.

Rueda defendeu a aposta da Xunta por unha Galicia moderna, aberta ao mundo e con políticas activas para reter, recuperar e atraer talento. Referiuse á Estratexia Galicia Retorna como exemplo do compromiso institucional para facilitar o regreso das galegas e galegos no exterior, ofrecéndolles oportunidades de emprego, formación, emprendemento e acceso á vivenda.

Ademais, salientou os datos récord nas exportacións, que por primeira vez superaron os 31.000 millóns de euros, e o número de empresas exportadoras, que xa supera as 9.300. Neste contexto, anunciou que o Goberno galego xa traballa na nova Estratexia de Internacionalización 2026-2030, coa que se pretende seguir diversificando mercados, mitigando riscos e impulsando a presenza exterior do tecido empresarial galego.

Concluíu destacando que a diáspora galega é o mellor escaparate da Comunidade no exterior, e reafirmou o compromiso da Xunta para seguir camiñando ao seu carón na construción dunha Galicia transformadora e con vocación global.

281 lecturas