Novas
Buscador
- Emigración destina 25.000€ á Casa de España de Río de Xaneiro para a atención social a galegas e galegos residentes no Brasil 06.05.2022 audio Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento do centro social desta entidade sen ánimo de lucro, así como para manter o punto de información e asesoramento ás e aos galegos do exterior residentes nesta cidade brasileira. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 25.000 euros para a Casa de España... Máis información
- A Xunta colabora coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia para facilitar a integración das e dos bolseiros BEME na nosa sociedade 05.05.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración destina 20.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior.... Máis información
- As solicitudes das bolsas BEME destinadas aos galegos e galegas do exterior para estudar másteres en Galicia aumentaron este ano un 12% 04.05.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende 35 países de tódolos continentes. Arxentina dispara o número de galegas e galegos universitarios do exterior interesados nestas axudas, seguidos de Brasil, Cuba, Uruguai, Venezuela, Reino Unido, México, Alemaña, Portugal e Suíza. Como curiosidade,... Máis información
- Secundar a construción dun memorial aos galegos que traballaron na Canle e o apoio ás colectividades do exterior, eixos da viaxe de Emigración a Panamá e México 03.05.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo diversas reunións coas principais entidades galegas nestes dous países e asistiu á cea de gala organizada pola Fundación Nosa Terra, impulsora da posta en marcha da escultura que recordará aos 8.000 operarios galegos que a comezos do século XX colaboraron na construción da canle... Máis información
- A Xunta destinará 14M€ a convocar novas unidades formativas en empresas para lograr a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas ata 2023 02.05.2022 audio Primarase na contratación a inserción de persoas emigrantes retornadas, persoas con discapacidade, menores de 30 anos, paradas e parados de longa duración e vítimas de violencia de xénero. A Xunta destinará 14 M€ a convocar novas unidades formativas en empresas para lograr a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas ata 2023. Serán... Máis información
- Emigración participa na primeira romaría, a “Jira Campestre”, do Centro Gallego de México celebrada trala pandemia da covid-19 01.05.2022 audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, quixo así apoiar á comunidade galega neste país que conta cunha importante e puxante comunidade de empresarias e empresarios galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu na tarde de hoxe á primeira romaría, a “Jira Campestre”, que o... Máis información
- Miranda mantivo un encontro coa directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá 30.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo durante a súa visita a Panamá un encontro coa directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá. Deste xeito, Miranda interesouse pola situación desta entidade que data do 1885 e foi creada para axudar a todos os españois e españolas residentes en Panamá con necesidades... Máis información
- Miranda visitou a Sociedad Española de La Chorrera de Panamá, que conta con importantes lazos culturais con Galicia 29.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a súa viaxe a Panamá para visitar a Sociedad Española de La Chorrera, que conta con importantes lazos culturais con Galicia. Na visita, o secretario xeral estivo acompañado polo embaixador de España en Panamá, Francisco Javier Pagalday Gastelurrutia. Esta entidade... Máis información
- A Xunta apoia á Fundación Nosa Terra na homenaxe aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá 29.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou durante o evento, no que estivo presente o presidente de Panamá, Laurentino Cortizo, que é “unha honra” que o país centroamericano conte cun memorial que recorde o labor daqueles 8.000 galegos, engadindo que esta iniciativa “é unha cuestión de xustiza”. O secretario xeral da... Máis información
- Miranda avalía co embaixador de España en Panamá a situación da colectividade galega 28.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo nas últimas horas na Cidade de Panamá unha reunión co embaixador de España neste país, Francisco Javier Pagalday Gastelurrutia, con quen analizou a situación da colectividade galega tras estes dous últimos anos de pandemia. Na reunión, na que tamén estivo presente Gabriel Alou... Máis información
Páxinas |









