Novas
Buscador
- O Lar Gallego de Santiago de Chile celebrou o Día de Galicia acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro 27.08.2022 audio O Lar Gallego de Santiago de Chile acaba de celebrar o Día de Galicia e o seu tradicional xantar por Santiago Apóstolo nos salóns do Estadio Español de Las Condes. O acto contou coa presenza, entre outras autoridades, do delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, do presidente da entidade, Ricardo González Méndez, do... Máis información
- Miranda destaca o éxito da celebración do Día de Galicia organizado pola Federación de Asociacións Galegas no Uruguai 26.08.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coa presidenta da Federación de Asociacións Galegas no Uruguai, María Gil Pereira, para comentar as actividades que se desenvolveron nesta entidade nos últimos meses. Entre estas iniciativas, destacaron a referida á celebración do Día de Galicia na que tamén participou a... Máis información
- Miranda felicita ao presidente do Centro Galego de Montreal pola posta en marcha dunha serie de actividades de cara á difusión do Camiño de Santiago no Canadá 25.08.2022 audio O presidente do Centro Galego de Montreal, Manuel Beiro, trasladoulle hoxe ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o interese da entidade en desenvolver actividades de promoción para difundir o Camiño de Santiago na cidade canadense. Deste xeito, Miranda felicitoulle por esta iniciativa e trasladoulle o compromiso de... Máis información
- A Delegación da Xunta en Uruguai leva adiante o primeiro dos encontros coas e cos bolseiros BEME que comezarán en breve o seu máster nunha das tres universidades galegas 24.08.2022 audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, recibiu a un grupo representativo das e dos 29 bolseiros BEME que comezarán en breve a estudar o seu máster nunha das tres universidades galegas tras resultar beneficiarias e beneficiarios cunha das axudas de Excelencia Mocidade Exterior que ofrece a Xunta de Galicia a través da Secretaría... Máis información
- O Lar Galego de Pamplona será o anfitrión da celebración das Casas Rexionais de Navarra no 2022 23.08.2022 audio A presidenta do Lar Galego de Pamplona, María Jesús Rodríguez García, trasladoulle hoxe ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a nova de que será este centro galego o anfitrión este ano da celebración das Casas Rexionais de Navarra. Ambos reuníronse na sede da Secretaría Xeral da Emigración para comentar as actividades... Máis información
- Miranda agradece á directiva da Casa de Galicia en Alcorcón o intenso labor que está a desenvolver en Madrid en prol da cultura galega 22.08.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe á directiva da Casa de Galicia en Alcorcón, con quen analizou as actividades que están a programar para os próximos meses de cara a continuar promocionando a cultura e a lingua galegas. Neste senso, Rodríguez Miranda agradeceu o dinamismo desta entidade que, pese á súa... Máis información
- A mocidade do exterior xa pode solicitar bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico 21.08.2022 audio A Xunta abre o prazo desta convocatoria, que incorpora por primeira vez esta modalidade de ensinanzas dentro do programa ‘Retorna Mocidade’. Poderán beneficiarse 54 mozas e mozos que recibirá unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22-23. Cursarán formación específica básica de... Máis información
- Miranda destaca a universalidade de Galicia representada nos galardoados co trofeo “Galeguidade no Mundo” da Enxebre Orde da Vieira 20.08.2022 audio O secretario xeral da Emigración fixo entrega deste galardón ao programa Luar, ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia e a Asociación de Antigos Tunos Composteláns e Amigos da Casa da Troya. A entidade, que conta con máis de 1.100 cabaleiros e donas españois repartidos en máis de 30 países do mundo, celebrou o seu Capítulo Xubilar na... Máis información
- Galicia e Castela e León poñen en marcha proxectos conxuntos de apoio aos cidadáns e cidadás do exterior e ás e aos retornados 19.08.2022 audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Acción Exterior en Castela e León, Fernando Rubio Ballestero, mantiveron unha reunión na que se abordaron cuestións como a colaboración conxunta de entidades de ambas comunidades no exterior, a ampliación das liñas de apoio aos cidadáns e cidadás... Máis información
- Miranda analiza co vicepresidente do Centro Español del Perú a situación da comunidade galega neste país 18.08.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao vicepresidente do Centro Español del Perú, Gustavo Pacheco, con quen analizou a situación da colectividade española neste país americano, e en concreto, da comunidade galega. O obxectivo do encontro foi coñecer as necesidades deste colectivo para... Máis información
Páxinas |









