Emigración recorda que está aberto o prazo para solicitar as bolsas para retornar a Galicia e cursar o FP de nivel básico

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que continua aberto o prazo para que os interesados que o desexen poidan acollerse ás bolsas do programa Retorna Mocidade, unha iniciativa que lles permite cursar en Galicia estudos de Formación Profesional de nivel básico, e para a cal a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un total de 351.000€ para o vindeiro curso académico 2022-23.

Trátase dun total de 54 bolsas, dotadas con 6.500€ cada unha delas, inclúen a viaxe desde o país de procedencia, o aloxamento e manutención na Comunidade galega e a subscrición dun seguro médico de ser o caso. As axudas van destinadas a cursar formación específica básica de Albañilería e fontanaría no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso, na Coruña; e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións nos CIFP Universidade Laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol), a razón de 18 prazas en cada centro.

205 lecturas