Emigración lembra que nun mes remata o prazo para solicitar as axudas para as familias galegas do exterior en situación de emerxencia social
A Xunta de Galicia destina 50.000 euros a atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica.
O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o próximo 15 de novembro.
A Secretaría Xeral da Emigración recorda que as axudas para familias galegas do exterior que se atopen en situacións de emerxencia social continúan abertas ata o próximo 15 de novembro, cun apoio de ata 3.000€ por persoa beneficiaria e destinada a persoas emigrantes galegas e aos seu fillos e fillas que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior.
O Goberno galego destina 50.000 euros ás e aos residentes do exterior que carezan dos recursos económicos necesarios para atender aos problemas sobrevidos de carácter extraordinario, xa sexan sociais, sanitarios ou asistenciais.
Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos escasos, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente.
Máis información nesta ligazón.
Novas relacionadas