Miranda recibe ao ex presidente do Centro Gallego de Lima que acaba de iniciar o seu proceso de retorno a Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao ex presidente do Centro Gallego de Lima (Perú), Francisco Prieto Bernández, quen acaba de iniciar o seu proceso de retorno a Galicia.

Francisco Prieto Bernández chegou a Perú no ano 2000, converténdose en presidente do Centro Gallego de Lima onde colaborou cos galegos que residen no país americano. Nos anos 70 trasladouse ao Reino Unido e posteriormente a Finlandia, onde se formou como enxeñeiro de sistemas. En Lima dedicou o seu emprendemento ao sector téxtil.

148 lecturas