Novas
Buscador
- Francisco López cualifica como “un agasallo para os sentidos” o libro-disco de César Morán ‘Haberá Primavera’ editado en homenaxe a Álvaro Cunqueiro no centenario do seu nacemento 22.12.2011 audio Hoxe celébrase o centenario do nacemento do xenial escritor mindoniense. O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos participou esta tarde en Vigo na presentación do libro-disco sobre Álvaro Cunqueiro titulado ‘Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións’, unha obra do cantautor Cesar Morán editada por Galaxia. Ademais do exemplar... Máis información
- A Casa de Galicia clausura o programa de actividades coa entrega de distincións a personalidades que colaboraron activamente coa institución 21.12.2011 audio Entre as persoas galardoadas estaban Ana Pastor e os anteriores directores da delegación galega en Madrid. A delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu o acto de clausura do programa de actividades do ano, no que o delegado e director, José Ramón Ónega fixo entrega de distincións a diversas personalidades que colaboraron activamente con... Máis información
- Díaz destaca a importancia de estreitar lazos para superar as adversidades 20.12.2011 audio A Consejera de Presidencia y Justicia do Gobierno de Cantabria asistiu ao acto de entrega dos premios do XII Concurso Literario Julio Camba, que convoca o Centro Gallego de Santander e participou na homenaxe ás socias e socios veteranos da entidade. A Consejera de Presidencia y Justicia, Leticia Díaz, destacou a importancia de estreitar lazos... Máis información
- Unha obra reivindica o papel intelectual de Luís Seoane dende Arxentina 19.12.2011 audio A obra recolle 16 intervencións, ademais da reprodución facsimilar da súa biografía en Grial e a recompilación das obras que sobre Seoane se fixeron de 1979 ao 2010. Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía recolle as intervencións levadas a cabo o ano pasado nun congreso que serviu, segundo explicou a pasada semana o presidente do... Máis información
- Feijóo anuncia que o próximo Consello declarará a obra de Castelao Ben de Interese Cultural e recoñece as achegas das e dos creadores contemporáneos para dar continuidade ao legado das e dos devanceiros 17.12.2011 audio O titular da Xunta presidiu o acto de entrega dos Premios da Cultura Galega. Subliña que será a primeira vez que se outorga a máxima protección ao conxunto da obra dun autor, e destaca que blinda a conservación e a investigación do legado do escritor de Rianxo e garante o seu mantemento e difusión cara ás xeracións vindeiras. “Galicia segue... Máis información
- A nova Lei de Galeguidade, e a fusión voluntaria de centros galegos no exterior, eixos da xuntanza da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas 15.12.2011 audio O órgano de representación da diáspora galega debate en Ourense os retos da Emigración para os vindeiros anos. A posibilidade de que a emigración galega serva de ponte entre os empresarios dun e outro lado do Atlántico esbózase como unha oportunidade xurdida da crise. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, preside hoxe en Ourense a... Máis información
- Fallo do Certame Literario de Narrativa Breve 90º Aniversario da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina 15.12.2011 audio Este venres celebrarase o acto de entrega dos premios. A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina informa dos nomes dos que resultaron gañadores e gañadoras do Certame Literario de Narrativa Breve, organizado no marco do 90º aniversario da institución cuxa temática se centrou sobre "Vivencias da emigración galega". O... Máis información
- Ourense acolle a comisión delegada do Consello das Comunidades Galegas 14.12.2011 audio A reforma da Lei de Galeguidade será un dos eixos da xuntanza anual do máximo órgano permanente de representación da diáspora. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, preside mañá xoves en Ourense a xuntanza da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas. Os dezaseis membros da mesma serán ademais recibidos en audiencia o... Máis información
- O ceo neoiorquino fala galego 13.12.2011 audio «O 75% dos que traballan na restauración dos grandes edificios de Nova York son galegos». Así o asegura José Santamaría, que dende hai 25 anos se dedica a estas tarefas na Gran Mazá. Durante décadas a emigración galega formou parte da man de obra encargada de levantar os edificios na illa de Manhattan. Se algún dos rañaceos de Nova York falase,... Máis información
- Emigración fomenta a mediación intercultural no ámbito sanitario a través de cursos específicos de formación 12.12.2011 audio O obxectivo é facilitar o acceso das e dos inmigrantes ao sistema sanitario, ao tempo que se axuda ao persoal facultativo a superar as posibles barreiras culturais co doente. A acción formativa ten lugar en Ourense, Santiago e Vigo. Ourense acolleu, estes venres e sábado, o primeiro dos tres cursos formativos e específicos de mediación... Máis información
Páxinas |









