Miranda destaca o labor da Asociación Española de Socorros Mutuos de Uruguai na atención sanitaria á comunidade galega
O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Julio Martínez, que foi xerente xeral da Asociación Española de Socorros Mutuos de Uruguai durante máis de 14 anos, unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 1853 co obxectivo de proporcionar asistencia médica completa aos seus asociados. Na actualidade, a entidade conta con miles de persoas asociadas, das que un número moi relevante son españois de orixe galega.
Durante o encontro, Rodríguez Miranda destacou o papel fundamental desta institución na prestación de asistencia sanitaria e social á comunidade galega residente en Uruguai. A Asociación Española Primeira de Socorros Mutuos, que desde fai anos asume a xestión do Hogar Español, dispón dun hospital de 26.500 metros cadrados con máis de 400 camas, así como de catro sedes secundarias, cinco policlínicas e catro unidades de internación que brindan atención sanitaria á colonia galega.
Miranda tamén subliñou a colaboración habitual desta entidade en diversos proxectos de atención social e sanitaria, resaltando o compromiso da Xunta de Galicia de continuar apoiando aos galegos do exterior e fortalecendo os lazos coas súas comunidades.
Novas relacionadas




