A Xunta visita a Sociedade Recreio dos Anciãos, considerada un referente na atención socio sanitaria na capital brasileira

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitaron unha das institucións máis sólidas e veteranas de Río de Xaneiro.

Fundada en 1940 por emigrantes galegos, é unha entidade benéfica, que acolle temporal ou permanentemente a anciás e anciáns, de xeito gratuíto, dando prioridade ás e aos galegos e españois necesitados.

  • A entidade ten como finalidade acoller temporal ou permanentemente á anciás e anciáns de xeito gratuíto, dando prioridade ás e aos galegos e españois necesitados
    A entidade ten como finalidade acoller temporal ou permanentemente á anciás e anciáns de xeito gratuíto, dando prioridade ás e aos galegos e españois necesitados
  • A entidade ten como finalidade acoller temporal ou permanentemente á anciás e anciáns de xeito gratuíto, dando prioridade ás e aos galegos e españois necesitados
    A entidade ten como finalidade acoller temporal ou permanentemente á anciás e anciáns de xeito gratuíto, dando prioridade ás e aos galegos e españois necesitados
Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 12 de novembro de 2018.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitaron a Sociedade Recreio dos Anciãos, considerada un referente na atención socio sanitaria e asistencia ás persoas de idade avanzada en Río de Xaneiro e a súa contorna, sendo unha das institucións máis sólidas e veteranas da cidade.

A residencia foi fundada en 1940 por emigrantes galegos como entidade benéfica sen ánimo de lucro. Ten como finalidade acoller temporal ou permanentemente a anciás e anciáns de xeito gratuíto, dando prioridade ás e aos galegos e españois necesitados. Na actualidade é unha das mellor dotadas e máis completas da cidade brasileira, que presta coidados ás cidadás e aos cidadáns galegos sen recursos que residen no país. A súa presidenta Regina Jallas, recibiu a Medalla de Honor da Emigración que lle foi entregada pola Ministra de Emprego e Seguridade Social no ano 2015.

Clausura exposición “ Paisagens da Galicia. Homenagen aos emigrantes”
Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda desprazáronse despois á Casa de España de Rio de Xaneiro, onde participaron na clausura da exposición fotográfica “Paisagens da Galicia. Homenagen aos emigrantes”, formada por 30 imaxes de Galicia. A mostra recolle paisaxes das catro provincias galegas e pretende amosar a gran variedade de lugares dos que saíron os emigrantes galegos e galegas e achegar á Galicia actual ás e aos que visiten a exposición.

531 lecturas