A Xunta súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional da Persoa Migrante

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2016.

Neste Día Internacional da Persoa Migrante, desde Galicia queremos poñer de relevo a importancia histórica e presente dos movementos poboacionais para entender o mundo que nos rodea. Así, en plena consonancia coa mensaxe do secretario xeral da ONU, facemos un chamamento a un intercambio ordenado e fraterno entre culturas, crenzas, idiomas, razas e identidades, para que este intercambio reporte e garanta, tamén no futuro, "importantes achegas á creación dun mundo de paz, prosperidade, dignidade e oportunidades para todas e todos", en palabras de Ban Ki-moon.

As e os milleiros de paisanos que conforman a Galeguidade presente en calquera curruncho do mundo son conscientes -e protagonistas en primeira persoa- da importancia desa permanente achega, e dos frutíferos resultados da interrelación harmónica entre pobos. O goberno e pobo galegos, pioneiros nesa interrelación, seguirán traballando arreo polo espallamento desa doutrina da irmandade universal.

 

José Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración

 

1106 lecturas