A Secretaría Xeral da Emigración únese á conmemoración da Organización das Nacións Unidas (ONU) co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante, 18 de decembro

18 de decembro, Día Internacional da Persoa Migrante
18 de decembro, Día Internacional da Persoa Migrante
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración únese á conmemoración da Organización das Nacións Unidas (ONU) co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante, 18 de decembro. 

A historia de Galicia e a historia dun pobo que viviu durante séculos intensos procesos migratorios que seguen a deixar pegada na nosa sociedade. Se o século XX foi de emigración, este século XXI está a ser do retorno. Por iso, Galicia é pioneira en políticas para a integración de todas e todos os que queren facer da nosa terra o seu fogar. 

Seguiremos a traballar para estar ao carón de todos os galegos e galegas, tanto que vivan aquí como que residan no exterior, e tamén, evidentemente, de quen, chegando de fóra, é xa parte da nosa sociedade.

511 lecturas