A Xunta salienta o labor de acompañamento e cercanía prestado pola Oficina Móbil de Retorno, que percorreou preto do 60% dos concellos de Galicia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a delegada da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitaron hoxe a oficina móbil de retorno ubicada nesta parroquia coruñesa.
Desde 2020, os técnicos, tanto das oficinas fixas como da móbil, levan atendido en Galicia máis de 30.000 familias e tramitadas 152.000 consultas, asesorando sobre axudas, trámites administrativos ou ofrecendo orientación laboral.
A oficina móbil leva visitado xa máis do 50% dos concellos coruñeses, prestando apoio a máis de 220 familias e xestionando 90.000 consultas nesta provincia.
A Xunta salienta o labor de acompañamento e cercanía prestado pola Oficina Móbil de Retorno, que percorreou preto do 60% dos concellos de Galicia
A Xunta salienta o labor de acompañamento e cercanía prestado pola Oficina Móbil de Retorno, que percorreou preto do 60% dos concellos de Galicia
A Xunta salienta o labor de acompañamento e cercanía prestado pola Oficina Móbil de Retorno, que percorreou preto do 60% dos concellos de Galicia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá á oficina móbil de retorno ao seu paso polo concello de Rois. Durante a visita, enmarcada nas actividades da Semana do Goberno Aberto 2025 e na que tamén estivo presente o alcalde do municipio, Ramón Tojo, o secretario reafirmou o compromiso da Xunta con ofrecer un servizo personalizado de apoio integral ás familias retornadas, con independencia da súa localización xeográfica.
O labor da oficina móbil percorrendo os concellos rurais e as vilas máis pequeñas, —con máis 250 visitas desde 2024— compleméntase co desenvolvido nas cinco oficinas permanentes situadas nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago, nas que levánse atendidas máis de 152.000 consultas desde a súa posta en marcha no pasado 2020, atendendo a máis de 30.000 familias —preto de 20.000 só nas oficinas da provincia da Coruña—. Respecto ao balance da oficina móbil, esta leva visitado xa máis do 50% dos concellos coruñeses —preto do 60% en toda Galicia—, con máis de 220 familias nesta provincia e a posterior tramitación de máis de 90.000 consultas.
Ao abeiro destas cifras, Miranda fixo fincapé en que a iniciativa —enmarcada no paquete de medidas da Estratexia Galicia Retorna— confírmase como unha ferramenta esencial para facilitar o retorno, a integración e o acompañamento permanente aos galegos que deciden regresar á súa terra. Nese senso, sinalou que Galicia é hoxe unha terra de oportunidades á que poden voltar para sumar o seu talento e capacidades ao mercado de traballo —ben por conta allea ou propia— contribuíndo a cubrir vacantes e tamén a afrontar o propio reto demográfico.
Acompañamento permanente no retorno
Entre os servizos que se ofrecen a través destas oficinas —tanto nas fixas como na móbil— atópanse o asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, ofrecendo información actualizada sobre as axudas económicas e programas dispoñibles para facilitar a integración en Galicia. Tamén se brinda axuda nos trámites administrativos, prestando apoio na realización de xestións relacionadas coa sanidade, a vivenda, a educación, a Seguridade Social e outras cuestións importantes para a vida cotiá das persoas retornadas.
Ademais, inclúese orientación laboral, proporcionando asesoramento para a busca de emprego en Galicia e guía sobre a validación de títulos acadados no estranxeiro. A este respecto —e co obxectivo de contribuír de xeito máis eficaz a captar e reter o talento dos galegos e galegas do exterior—, o novo plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia tamén está destinado ao persoal destas oficinas de retorno, para seguir avanzando na eficacia do servizo.
Proxecto cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Novas relacionadas



