A Oficina Móbil de Retorno da Xunta reanuda o seu percorrido por Galicia, consolídándose como un recurso clave para facilitar a chegada dos galegos do exterior

Este servizo complementa as oficinas permanentes de atención ao retorno situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

Despois de percorrer 76 concellos das catro provincias en menos dun ano e de asesorar a centos de familias, esta iniciativa pioneira consolídase como un recurso clave para facilitar o proceso de reintegración dos galegos que deciden volver ao seu lugar de orixe.

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta reanuda o seu percorrido por Galicia, consolídándose como un recurso clave para facilitar a chegada dos galegos do exterior
A Oficina Móbil de Retorno da Xunta reanuda o seu percorrido por Galicia, consolídándose como un recurso clave para facilitar a chegada dos galegos do exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 6 de outubro de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia reanuda un ano máis a súa Oficina Móbil de Atención ás Persoas Emigrantes Retornadas, cofinanciada polo Fondo Social Europeo. Este servizo continúa o seu labor como recurso innovador destinado a facilitar o retorno e a integración dos galegos que regresan a súa terra tras residir no estranxeiro. A oficina móbil ofrece atención personalizada e apoio para atender as necesidades específicas das persoas retornadas e das súas familias.

Despois de percorrer 76 concellos das catro provincias en menos dun ano e de asesorar a centos de familias, esta iniciativa pioneira consolídase como un recurso clave para facilitar o proceso de reintegración dos galegos que deciden volver ao seu lugar de orixe. Ao longo dos vindeiros meses, esta oficina itinerante percorrerá diversos concellos de Galicia, levando os seus servizos tanto ás áreas rurais como periurbanas. A súa mobilidade permite garantir que todas as persoas retornadas teñan acceso directo á información e ó asesoramento necesarios para un regreso exitoso, independentemente da súa localización xeográfica.

Entre os servizos que se ofrecerán a través da Oficina Móbil atópanse o asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, ofrecendo información actualizada sobre as diferentes axudas económicas e programas dispoñibles para facilitar a integración en Galicia. Tamén se brindará axuda nos trámites administrativos, prestando apoio na realización de xestións relacionadas coa sanidade, educación, Seguridade Social e outras cuestións importantes para a vida cotiá das persoas retornadas. Ademais, incluirase orientación laboral, proporcionando asesoramento para a busca de emprego en Galicia e guía sobre a validación de títulos acadados no estranxeiro. Por último, ofrecerase información sobre vivenda e educación, asistindo ás familias retornadas nas opcións de vivenda dispoñibles e nos recursos educativos para fillas e fillos.

Este servizo complementa as oficinas permanentes de atención ao retorno situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. A mobilidade da oficina móbil asegura que ningún galego retornado quede sen acceso a estes servizos esenciais, fortalecendo o apoio da Xunta de Galicia á poboación retornada.

Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso coa integración efectiva das galegas e galegos que volven á súa terra, reforzando os lazos coa diáspora e apoiando o retorno de familias que desexan establecerse de novo en Galicia.

535 lecturas